InicioOpiniónDiario de desescalada: a volta aos salóns de peiteados

Diario de desescalada: a volta aos salóns de peiteados

PUBLICADA O

- Advertisement -

X.M.F. |  Empeza o proceso de desescalada e o gremio de perruquerías pode abrir as súas portas aos clientes o vindeiro luns. Durante os días que levamos de corentena atopamos de todo, dende xente que aguanta ben e non ten présa ningunha por axeitar o aspecto estético ata xente que sobe polas paredes por non poder visitar ao seu perruqueiro ou perruqueira de confianza. Tamén houbo quen se atreveu a facer prácticas de perruquería tirando de titoriais de Youtube e rescatando a ‘máquina corta pelo’… e a ver que pasa. Algún caso coñezo, e algún tamén que está xa na lista de espera para que a perruqueira arranxe o desatino.

En Monforte tamén foi noticia estes días un comunicado no que xente do gremio condenaba a mala praxe de profesionais que estiveron estes días saltando o confinamento e realizando servizos a domicilio sen estar xustificados. ‘De todo hai, na viña do Señor…’ Irresponsables que traballan e irresponsables que contratan.

Volvendo ao conto, achegándose xa esa data de apertura anunciada polo goberno, falo con Lucía Varela, da perruquería masculina V. Rico de Monforte. Coméntanos que o normal sería que houbese unhas indicacións específicas por parte do Goberno con pautas máis concretas. “Temos protocolos hixiénicos, pero non pensados para isto. Se non sae nada marcaremos as pautas nós”, di.

Podes ler o artigo completo de X.M.F no Xornal de Lemos. A peza forma parte dun ‘Diario de corentena  —agora ‘Diario de desescalada’— conxunto que se ha ir escribindo dende o Lugo Xornal, o Xornal da Mariña e o Xornal de Lemos. 

+ posts

ÚLTIMAS

O musical infantil ‘La Sirenita’ chega a Lugo

Lugo acolle esta fin de semana un espectáculo que fará gozar ao público familiar....

Falece un home nun accidente de coche en Láncara

Un home faleceu ao envorcar o vehículo que conducía pola LU-621, á altura do...

O PP de Lugo denuncia que o PSOE ten “unha estratexia de ocultación” de casos de violencia e acoso sexual

O portavoz provincial do PP en Lugo, Antonio Ameijide, denunciou este mércores o que...

O goberno local de Lugo anuncia 6 puntos de recarga para vehículos eléctricos

O concelleiro de Mobilidade, Antonio Ameijide, e a concelleira de dinamización económica e relacións...