InicioSucesosDetido por entrar nun camión de Urbaser e roubar obxectos persoais dun...

Detido por entrar nun camión de Urbaser e roubar obxectos persoais dun traballador

Os axentes da Policía Local identificaron o ladrón porque levaba posto o abrigo que acababa de subtraer e que tiña rotulado o nome da empresa.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Lugo detiveron un home de 40 anos por subtraer o abrigo, a radio e outros efectos dun traballador do servizo de limpeza tras acceder ao interior dun camión da empresa Urbaser estacionado. O individuo negouse a ser identificado e insultou os policías, ademais de causar danos no vehículo patrulla e saltarse o confinamento.

Segundo relataron a Policía Local, sobre as 8:10 horas do pasado mércores 29 de abril foi detido un home de 40 anos como presunto autor dos delitos de furto, danos en vehículo policial, desobediencia e resistencia grave a axentes da autoridade.

Os feitos sucederon cando o individuo entrou no interior dun vehículo da empresa Urbaser, estacionado na rúa Luís Pena Novo, para apoderarse dunha peza de abrigo do traballador, unha bolsa con efectos persoais e un aparello de radio propiedade do empregado.

Os axentes localizárono cando levaba posto o abrigo rotulado co nome e anagrama da empresa de limpeza. Colgado ao ombreiro, levaba a bolsa propiedade do traballador que contiña unha neveira portátil e o  aparello de radio, que arroxou ao chan ao decatarse da presenza policial.

Ao tratar de identificalo, o home negouse e proferiu “insultos graves”, destacou a Policía Local, ademais de opor unha “grave resistencia” ao ser introducido no vehículo policial para o seu traslado a comisaría. O home “procedeu a dar patadas contra o biombo de seguridade do vehículo patrulla” no que causou “danos nunha das portas traseiras”, segundo as mesmas fontes.

En dependencias policiais, posteriormente, instruíronse dilixencias para ser enviadas ao xulgado de garda. A Policía Local tramitou acta de infracción, ademais, á Lei de Seguridade Cidadá ao non xustificar a súa presenza na vía pública e constatou que fora denunciado anteriormente por incumprir o confinamento no marco do estado de alarma.

ÚLTIMAS

Novas obras no viaduto do Castro provocarán afectacións ao tráfico a partir deste luns

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable inicia este luns os traballos para impermeabilizar o...

A XXI Feira Medieval de Monforte xa está aquí

Ademais dos atractivos doutras edicións, como son os numerosos postos e paradas que haberá...

Falta de pediatras na Fonsagrada, Baleira e Castroverde

A asociación de consumidores Facua en Galicia dirixiuse ao Servizo Galego de Saúde (Sergas) para denunciar a "falta...

Unha talla de madeira provoca graves impactos en mámoas de Lugo

As asociacións ADEGA e Mariña Patrimonio veñen de presentar unha denuncia perante a Dirección...