InicioSociedadeMenos dun 1% de positivos nos tests do Sergas: "Ou non funcionan...

Menos dun 1% de positivos nos tests do Sergas: “Ou non funcionan ou a poboación realmente non está infectada”

O estudo epidemiolóxico do Sergas evidencia unha porcentaxe moi baixa de poboación inmunizada ao virus en Galicia.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Representantes dos colexios de médicos de Galicia apuntan unha “porcentaxe altísima de negativos” no estudo epidemiolóxico que realiza o Sergas para coñecer como circulou o coronavirus pola Comunidade galega. Sitúan por baixo do 1% os positivos detectados ata a data a través destes test. Así, din que isto pode ser debido a erros pola utilización destas probas ou a que, realmente, o virus non circulou entre a poboación galega.

O presidente do Colexio de Médicos de Ourense, José Luís Jiménez, valorou que “a inmensa maioría” dos pacientes aos que se chamou “aceptan participar” no estudo do Sergas sobre a circulación da COVID-19. No entanto, comentou a Europa Press que “a porcentaxe de positivos é moi baixo”, o que supón que a poboación de Galicia “está moi pouco infectada e non pasou por elas o virus”. Por iso, insistiu en que “con toda seguridade” a porcentaxe de inmunes situarase “por baixo do 10% ou do 5%”.

O presidente do Colexio de Médicos de Lugo, Manuel Fenda, sumouse á “hipótese” de que “ou o test non funciona” ou a poboación “non está infectada”. “Non hai outra explicación”, afirmou a Europa Press tras apuntar que os datos preliminares das probas xa efectuadas sinalan unha “porcentaxe moi pequena” de positivos por COVID-19.

Pola súa banda, o director da área asistencial sanitaria de Lugo, Rafael Monte, asegura que “a situación epidemiolóxica en Lugo é mellor que noutras provincias” no marco da crise sanitaria pola COVID-19. Así, veo como “un bo exemplo de como” se vai “saír desta situación desde o punto de vista asistencial”.

Respecto dos primeiros datos do estudo epidemiolóxico, o director asistencial de Lugo considera que hai que ser “cautos e esperar” as medidas de desconfinamento e ver os resultados pasados “14 días” para saber “se o número de casos aumenta”.

“Partimos, en Lugo, dunha situación mellor e esperemos que se traduza en que teñamos poucos casos cando a xente saia á rúa”, sostivo Monte; aínda que avisa de que “ninguén sabe que vai pasar nun futuro”, ao referirse a posibles novos rebrotes co paso dos meses. “Non sabemos se as zonas de menor expansión serán as máis afectadas despois”, apostilou.

O que ten claro o director asistencial da área sanitaria de Lugo é “que as medidas de distanciamento social viñeron para quedar” para que a transmisión, nunha segunda fase, “se produza con menor intensidade”, matizou. O responsable da área sanitaria lucense cre que é “pouco probable que os casos vaian a cero nos próximos meses”. “Debemos estar preparados para o goteo de casos”, afirmou, e a aparición de “novos rebrotes” quizais “con menor intensidade”, abundou.

DESCENSO DA CURVA

Co descenso de casos na provincia, Lugo está na “fase de descenso da curva”, ratificou, pero descoñece “se na metade ou no final do descenso”, expuxo Rafael Monte, que matizou que o número de “novos casos é moi baixo na provincia”.

Para finalizar, Rafael Monte comentou que Lugo está “se non na fase final da epidemia” nas últimas “fases da primeira onda epidémica”, pero recoñece que é “pronto para saber que ocorrerá” co desconfinamento. As medidas “hixiénicas e de distanciamento social serán básicas para que o virus non se propague”, concluíu.

Podes ler a información completa no Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Inaugurado en Lugo un busto en recordo a Moncho Reboiras, asasinado pola policía franquista hai 50 anos

Moncho Reboiras, asasinado pola policía franquista en 1975 e recoñecido polo Estado como vítima...

A Xunta licita a última fase a autovía Nadela-Sarria: as obras estarán en marcha no segundo semestre de 2026

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, avanzou este venres a licitación das obras correspondentes...

PP e BNG votan a favor de reprobar a José Tomé no Concello de Lugo ante acusacións de utilización das vítimas de agresións machistas

Os grupos municipais do PP e do BNG en Lugo aprobaron a moción, presentada...

O PP de Lugo denuncia o desvío de fondos para a rúa Fermín Rivera mentres o PSOE defende un novo convenio coa Confederación Hidrográfica

O Partido Popular de Lugo avanzou este luns a posta en marcha dunha campaña...