InicioSociedadeLugo pon a punto os seus espazos públicos para a saída das...

Lugo pon a punto os seus espazos públicos para a saída das crianzas

A área de Participación e Servizos para a Veciñanza de Lugo enviará unha máscara a cada neno censado na cidade.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os concellos galegos preparan os espazos abertos públicos para a saída das crianzas á rúa, tanto a través da desinfección das rúas como co acondicionamento das zonas verdes permitidas e outros puntos que poden ser frecuentados polos menores de 14 anos e os seus pais a partir deste domingo.

A pesar de que os parques infantís e biosaludables seguirán pechados para uso público, os menores si que poderán gozar doutros espazos ao aire libre que os gobernos locais tratan de acondicionar e pór a punto para o seu uso a partir do domingo.

É o caso dos municipios de Lugo, A Coruña ou Pontevedra, que seguen executando os labores de desinfección das rúas e ao mesmo tempo acondicionan estes espazos para a entrada en vigor da nova orde do Goberno estatal.

Ao mesmo tempo, todos piden aos pais actuar con “responsabilidade” para que o proceso de desescalada non actúe contra os efectos buscados e lembran que os menores poderán gozar do aire libre a menos dun quilómetro dos seus domicilios.

O consistorio de Lugo reincorporou á totalidade do persoal de mantemento para adecuar as zonas verdes ás que se poderá acceder con esta nova orde. Ademais, apelan a un “comportamento exemplar”, que se manteñan as medidas de precaución antes, durante e despois dos paseos e se sigan os rituais de desinfección.

MÁSCARAS INFANTÍS

Ademais, está a traballarse na confección de máscaras infantís para que os máis pequenos poidan protexer e protexerse cando saian á rúa. A área de Participación e Servizos para a Veciñanza de Lugo enviará un destes produtos a cada neno censado na cidade. Así, a través dun comunicado o concello informou que o primeiro envío supón unha partida de 3.000 máscaras.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...