Home A Ulloa Galicia Baleira denuncia o “abandono” dos maiores do rural durante esta crise

Galicia Baleira denuncia o “abandono” dos maiores do rural durante esta crise

0
Galicia Baleira denuncia o “abandono” dos maiores do rural durante esta crise
Atención a persoas maiores | Arquivo

A plataforma Galicia Baleira reclama o “reequilibrio” territorial entre a cidade e o rural, así como plans de acompañamento para os máis maiores que durante esta crise sanitaria estiveron “abandonados“.

Este colectivo integrado por asociacións de veciños e as federacións provinciais de asociacións de veciños de Lugo e Ourense aseguran que a situación de alarma que desatou a pandemia de coronavirus debe “facernos reflexionar sobre a asistencia á terceira idade” que existe na Comunidade.

Este xoves explicaron nun comunicado que gran parte dosnosos maiores están “sumidos no maior dos abandonos”. “Moitos viven sós, sen ter con quen conversar un intre ao día, ás veces sen comida ou con escaseza de alimentos, nalgúns casos están enfermos e non hai ninguén que lles atenda”.

Podes ler a información completa no Galicia Confidencial.

+ posts