InicioOpiniónDía 21 de corentena: pequenos xestos que poden provocar grandes cambios

Día 21 de corentena: pequenos xestos que poden provocar grandes cambios

A empatía cara os colectivos con necesidades especiais é necesaria, máis se cabe, nestes momentos de confinamento

PUBLICADA O

- Advertisement -

Ana Belén Fernández | O 2 de abril celebrábase o Día da Concienciación sobre o Autismo, cando andabamos rondando o pico da curva. Nesa xornada fíxose un especial chamamento á empatía cara estes colectivos que teñen necesidades especiais, máis se cabe, nestes momentos de confinamento. Para moitas destas personas saírse da rutina establecida supón un maior trastorno á súa condición. O lema protagonista desa xornada foi ‘Os pequenos xestos son os responsables dos grandes cambios‘.

O día 18 de febreiro, AspergaAsociación Galega de Asperger, celebrábao coa campaña “Haz Espacio”. Falo do síndrome de Asperger (SA), porque este trastorno de orixe neurobiolóxico está enmarcado dentro dos Trastornos de Espectro do Autismo (TEA); e son o colectivo que máis coñezo á hora de falar do autismo.

Un elefante voando. As persoas con SA saben que iso non é posible e non ven outro significado; cóstalles entender comportamentos como a ironía, o cinismo ou a falsedade. E en liñas xerais non lles entusiasma socializar nin o contacto físico coa xente. No tempo traballando con eles pensei moitas veces que a súa interpretación das cousas era máis acorde cun “mundo mellor”, ou que era a súa defensa ante un mundo no que se sinten agredidos.

Podes seguir lendo o artigo completo de Ana Belén Fernández no Xornal de Lemos. A peza forma parte dun ‘Diario de corentena conxunto que se ha ir escribindo dende o Lugo Xornal, o Xornal da Mariña e o Xornal de Lemos.

ÚLTIMAS

O alcalde de Lugo Miguel Fernández toma as rendas do PSOE local

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, foi elixido secretario xeral do PSOE local, en substitución da edil...

O PP de Lugo reclama explicacións a Tomé pola “maior crise de goberno” na Deputación

O Partido Popular de Lugo esixiu explicacións ao presidente da Deputación, José Tomé, ante...

Morre unha muller atropelada por un tren nun paso a nivel en Rábade

Unha muller faleceu este martes pola noite tras ser atropelada nun paso a nivel en...

Un home enfróntase a 12 anos de cadea por abusos sexuais á súa curmá menor de idade

Un veciño de Xermade enfróntase a unha pena de prisión de 12 anos como...