InicioEconomíaA Deputación manterá os contratos coas adxudicatarias para "protexer os postos de...

A Deputación manterá os contratos coas adxudicatarias para “protexer os postos de traballo”

O presidente provincial asinou un decreto que garante as mesmas condicións de facturación para esas empresas, de maneira que non teñan que recorrer a ERTES ou despedimentos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, asinou un decreto para “garantir o mantemento de todos os contratos e o volume de facturación” das empresas adxudicatarias de servizos públicos durante os paróns de actividade derivados da crise do coronavirus.

O obxectivo, segundo informa o goberno provincial, é “manter e protexer os postos de traballo”. En palabras do seu presidente, isto contribuirá a que “a viabilidade empresarial non se vexa resentida nestes momentos tan difíciles”.

“Pomos todas as medidas ao noso alcance para que non recorran a despedimentos ou expedientes de regulación temporal de emprego (ERTE)”, asegurou José Tomé, quen engadiu que esta solución “responde o compromiso social” do seu goberno.

Deste xeito, a Deputación manterá “nas mesmas condicións de facturación” estes contratos relativos á prestación de servizos en centros de atención de maiores, en vixilancia de dependencias policiais, en teleasistencia e en limpeza de edificios provinciais, entre outros.

Esta e outras medidas dos últimos días, reivindica o presidente, son “unha aposta decidida por manter o emprego, inxectar liquidez e asegurar a calidade dos servizos destas empresas que teñen contratos coa Deputación de Lugo”.

+ posts

ÚLTIMAS

Fernández reclama a renovación da rede de abastecemento en Paradai

O portavoz do Grupo Municipal Socialista, Miguel Fernández, visitou esta semana o barrio de...

Candia fai chegar á subdelegada do Goberno prioridades en seguridade, mobilidade e infraestruturas

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo hoxe unha reunión institucional coa subdelegada do...

Case corenta detidos por roubo de 140 Km de cable de cobre en varias provincias, entre elas Lugo

A Garda Civil detivo a 39 persoas nas provincias de Ávila, La Rioja e...

O Parlamento galego apoia por unanimidade a candidatura de Lugo para acoller a Axencia Estatal de Saúde Pública

O Parlamento galego pide á Xunta que impulse o apoio á candidatura de Lugo...