InicioSociedadeSete aloxamentos de Lugo poderán abrir para acoller militares, sanitarios e transportistas

Sete aloxamentos de Lugo poderán abrir para acoller militares, sanitarios e transportistas

Apartamentos Catasol, Apartamentos Ciudad de Lugo, Gran Hotel de Lugo e Hotel Darío serán os establecementos que presten estes servizos na capital lucense. A maiores, habilítanse outros tres no resto da provincia.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Goberno habilitou a apertura dun total de 37 hoteis, balnearios, apartahoteis e outros establecementos similares en Galicia para atender as necesidades de aloxamento e restauración que precisan os traballadores de servizos esenciais. Na provincia de Lugo, poderán abrir sete aloxamentos.

Na propia cidade, estes servizos serán prestados por Apartamentos Catasol, Apartamentos Ciudad de Lugo, Gran Hotel de Lugo e Hotel Darío. A maiores, tamén se habilita a Pousada de Portomarín, o Hotel Oca Playa de Foz e Apartamentos Duerming Sea View (Viveiro).

A idea, segundo a orde do Ministerio de Transportes, publicada este mércores no BOE, é “garantir a mobilidade daqueles traballadores que teñen que realizar determinados labores e que poidan dispoñer de aloxamento e comida”.

Podes ler a información completa no Galicia Confidencial.

+ posts

ÚLTIMAS

O musical infantil ‘La Sirenita’ chega a Lugo

Lugo acolle esta fin de semana un espectáculo que fará gozar ao público familiar....

Falece un home nun accidente de coche en Láncara

Un home faleceu ao envorcar o vehículo que conducía pola LU-621, á altura do...

O PP de Lugo denuncia que o PSOE ten “unha estratexia de ocultación” de casos de violencia e acoso sexual

O portavoz provincial do PP en Lugo, Antonio Ameijide, denunciou este mércores o que...

O goberno local de Lugo anuncia 6 puntos de recarga para vehículos eléctricos

O concelleiro de Mobilidade, Antonio Ameijide, e a concelleira de dinamización económica e relacións...