InicioEconomíaA Deputación priorizará o pago a provedores para evitar despedimentos nas empresas

A Deputación priorizará o pago a provedores para evitar despedimentos nas empresas

O presidente provincial, José Tomé, asegurou que están a implementarse medidas para que o impacto económico desta crise "sexa o menos duro posible".

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Deputación de Lugo priorizará nestes momentos “o pago a provedores” para tratar de “paliar os efectos económicos” que está a provocar “a crise sanitaria do coronavirus”, segundo informou o presidente provincial, José Tomé.e

“Unha das liñas de traballo que estamos a intensificar durante o estado de alarma é o pago a provedores”, engadiu, para “inxectar liquidez nas empresas e contribuír desa forma a que poidan pagar os salarios dos seus traballadores e os gastos correntes”.

“Somos conscientes de que na nosa provincia a gran maioría do tecido empresarial son pemes, micropemes e autónomos”, engadiu, polo que o goberno provincial quere “axudar na medida das súas posibilidades” a que “poidan manter o persoal e a súa actividade”.

Aínda que a maioría do persoal está a traballar a distancia e os efectivos presenciais “reducíronse ao mínimo imprescindible”, Tomé asegurou que desde a institución provincial están a implementarse medidas para que o “impacto desta crise sexa o menos duro posible”.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...