InicioSociedadeA Brilat despregará unidades en Lugo para facer cumprir o estado de...

A Brilat despregará unidades en Lugo para facer cumprir o estado de alarma

O obxectivo é facilitar os labores de presenza e vixilancia nas zonas de especial risco para o contaxio do coronavirus.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Brigada de Infantaría Lixeira Aerotransportable (Brilat) informou este xoves de que, co propósito de apoiar a acción do Estado e en apoio á poboación na loita contra a pandemia producida polo virus Covid-19, despregará unidades nas localidades de Lugo e Santiago de Compostela.

Esta actividade da Brilat realízase no marco da ‘Operación Balmis’, que coordina o Mando de Operacións, relativa ao despregamento das Forzas Armadas para loitar contra a propagación do coronavirus.

As unidades actuarán nestas cidades co obxectivo de recoñecer as zonas máis conflitivas, infraestruturas “críticas” e establecer unha ligazón “sólida e eficaz” con autoridades locais e Forzas e Corpos de Seguridade.

O obxectivo último, remarca nun comunicado, é facilitar os seus labores de presenza e vixilancia ante posibles incumprimentos das medidas establecidas polo estado de alarma nas zonas de especial risco para o contaxio.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...