InicioEconomíaÚltimos días de inscrición no plan de formación xove da Deputación

Últimos días de inscrición no plan de formación xove da Deputación

O prazo para solicitar participar nos cursos remata o 30 de xuño – A formación abrangue de manexo de drons a técnica de maquinaria agrícola

PUBLICADA O

- Advertisement -

A solicitude para participar nos cursos Lugowork finaliza o 30 de xuño. Este programa consta de cinco accións de formación a cargo da Deputación, pensadas para lucenses menores de 30 anos.

Os participantes terán, segundo informou a institución provincial, a posibilidade de traballar en entidades da provincia. A actividade formativa permitirá cubrir as necesidades vencelladas a cinco eidos: técnica de automoción e agrícola, vendas online e offline, manexo de drons, emprendemento e desenvolvemento de aplicacións Android.

Este plan de emprego xuvenil foi posto en marcha polo goberno provincial con dous millóns de euros de orzamento, fondos provintes da Unión Europea a través da Escola de Organización Industrial.

As persoas interesadas en participar nestes cursos teñen ata o 30 de xuño para facer a súa solicitude en www.deputacionlugo.gal ou en www.eoi.es. Deberán estar inscritos no Rexistro de Garantía Xuvenil.

 

accións formativas

1.- Curso de auxiliar de ventas online e offline e atención ao público: Nesta acción formativa, que conta con 15 prazas, os alumnos recibirán 250 horas de formación a través de contidos dirixidos a habilidades sociais e de comunicación, ofimática e técnicas administrativas básicas e coñecementos sobre ventas online e offline.

2.- Aplicacións e Manexo de Sistemas Aéreos non Tripulados – Drons: Este curso conta con 220 horas de formación e 15 prazas. Son impartidos en Lugo por profesionais do aeroclub de rozas. Con esta acción o organismo provincial cubre a necesidade de formación nun dos nichos de mercado en expansión con máis posibilidades de crecemento.

3.- Curso de Emprendemento: Está dirixido a 15 persoas que teñan unha idea de negocio e queiran montar unha empresa. Deste xeito, os participantes terán un titor asignado que os asesorará en aspectos coma os modelos de negocio, ou estratexias de vendas, entre outros. Este curso o impartirán profesionais da Fundación CELL.

4- Desenvolvemento en aplicacións Android: Esta acción formativa, que conta con 15 prazas. Nesta acción formativa, que conta con 15 prazas, os alumnos recibirán unhas 200 horas de formación a través de contidos dirixidos a aprender todo o relacionado co desenvolvemento nativo de aplicacións Android para poder crealas dende cero.

5– Técnico en automoción e de maquinaria agrícola: Neste curso, 15 lucenses recibirán unhas 250 horas de formación a través de contidos dirixidos a aprender operacións básicas de mantemento no motor e sistemas auxiliares en automóbiles e maquinaria agrícola, proporcionando os contidos teóricos e prácticos necesarios nesta rama.

ÚLTIMAS

A Xunta só dá 10 días para consultar o expediente de Altri a 75 persoas interesadas

A Consellería de Economía e Industria recoñeceu a 75 persoas como interesadas no proxecto...

Acepta 10 anos de prisión por dúas violacións, pero só cumprirá seis meses antes de ser expulsado do país

Un home de nacionalidade colombiana confesou este xoves na Audiencia Provincial de Lugo ser...

Detido en Lugo por apuñalar a outro home tras unha discusión na rúa

A Policía Local de Lugo detivo a un home por apuñalar cunha navalla a...

Toma posesión a nova presidenta da Audiencia Provincial de Lugo

A maxistrada Sandra María Piñeiro Vilas tomou este xoves posesión como presidenta da Audiencia...