InicioSociedadeO PP pide unha reparación en profundidade e periódica das rúas empedradas...

O PP pide unha reparación en profundidade e periódica das rúas empedradas de Lugo

Sinalan o mal estado do pavimento na rúa Soto Freire, na praza Alacante ou en Campo Castelo, ás veces por unha "mala execución da obra" e outras polo continuo paso de vehículos de reparto.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O grupo municipal do Partido Popular en Lugo denuncia o afundimento de lastros na rúa Soto Freire e achaca esta situación a “unha obra que quedou mal executada”, pois “a vía leva aberta tan só dende hai dous anos”. O PP sinala que esta problemática é común a outras zonas da cidade, polo que solicitan unha reparación en profundida e periódica das rúas empedradas de Lugo. 

O concelleiro popular Rafael Pérez Prado criticou que esta é “unha tónica noutros puntos da cidade”, como na praza de Alacante ou en Campo Castelo. Explicou que, cando chove, os lucenses non se libran das pozas aparecidas polo afundimento do pavimento, “unhas veces por mala execución da obra e outras polo paso de vehículos de reparto de tonelaxe”.

Para o Partido Popular estas rúas son tres exemplos do “deterioramento” da cidade. “Tal e como está Soto Freire semella que a inauguraron hai máis dunha década”, insistiu Pérez Prado. “A imaxe de deixadez agrávase cando comprobamos que só sobrevive unha árbore das sete que plantaron”, engadiu.

Por iso, e tendo en conta o reforzo feito na brigada de obras, solicita que se faga unha planificación para reparar en profundidade e de forma periódica as vías con lastros que hai na cidade.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...