InicioMedioambiente e PatrimonioVÍDEO | O asfalto da Xunta vence as árbores autóctonas na estrada...

VÍDEO | O asfalto da Xunta vence as árbores autóctonas na estrada entre Friol e Palas

Un proxecto de ampliación da estrada LU-231 non respecta este patrimonio natural, nin tampouco os muros de pedra construídos 'a xunta seca'.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O proxecto de ampliación lateral da estrada LU-231, entre Friol e Palas, contempla a eliminación de ringleiras de árbores autóctonas que habitan ás beiras da vía. Tamén os muros construídos a xeito tradicional desaparecerán da zona. O colectivo Asociación para a Defensa do Patrimonio Cultural Galego (Apatrigal) xa denunciou isto en diversas ocasións e agora pon no foco o inicio das obras, contrarias a un informe técnico que alertaba dun aumento na sinistralidade.

En sinal de protesta, convocaran a veciñanza para unha ruta en coche o vindeiro 7 de marzo, ás 11 da mañá. “Compartiremos esta fermosa viaxe antes de que corten centos de árbores e antes de que as escavadores acaben cos muros de pedra ‘a xunta seca’. Mostraremos que o patrimonio importa!”, dicían. Agora temen que esas árbores non se manteñan nin sequera ata o sábado.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...