InicioSociedadeO sindicato Jupol reclamará a Interior que non se traslade o 091...

O sindicato Jupol reclamará a Interior que non se traslade o 091 de Lugo para A Coruña

Coidan que tal "recorte" fará "menos operativo" este servizo de atención cidadá. Se se mantén a sala do 091 en Lugo, "os funcionarios xa coñecen a cidade" e as súas respostas serán máis rápidas e precisas, aseguran.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE.- O sindicato policial Jupol presentará unha reclamación ante a Dirección Xeral da Policía e o Ministerio de Interior para evitar que as salas do 091 desaparezan das comisarías de Lugo e Ourense, logo de expoñerse a posibilidade de centralizalas na Coruña.

O responsable de Jupol na provincia de Lugo, Daniel Sinde, asegurou que esta medida non responde a un interese por mellorar o servizo que se lle presta aos cidadáns, senón ao desexo de “evitar gastos”. Nese sentido, precisou que nas comisarías de Ourense e de Lugo “falta xente”, pero “como non queren destinar máis funcionarios” a eses lugares, ao centralizar o servizo do 091 na Coruña xa “poden dicir que uns cuantos axentes quedan libres para saír de patrulla á rúa”.

Desde o seu punto de vista, estes “recortes” farán “menos operativo” tal servizo de atención cidadá. Para Sinde, é máis eficiente manter as salas do 091 nas comisarías de Lugo e Ourense porque os funcionarios “coñecen a cidade“, así que a súa resposta será máis rápida e precisa.

CONTRA O VETO Á ILP

Por outra banda, policías nacionais e gardas civís, convocados pola Asociación Jusapol, concentráronse esta mañá ante a Subdelegación do Goberno en Lugo para protestar “polo veto do PSOE no Congreso á ILP de Jusapol” para conseguir a “equiparación salarial das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado coas policías autonómicas”.

+ posts

ÚLTIMAS

Deteñen dous homes por roubo de cable na Rolda da Muralla

  Segundo informa a Policía Local nun comunicado, un cidadán alertou ao 092 de que...

O PP de Lugo acusa ao BNG de “desgoberno” nas contas municipais no anterior goberno local

O goberno municipal de Lugo elevou este martes o ton da confrontación política cos...

Detido un home por insultar e golpear a un axente da Policía Local de Lugo

Segundo informa a Policía Local nun comunicado, os axentes atopábanse de patrulla cando foron...

O PSOE de Lugo alerta que o Arde Lucos non ten Plan de Autoprotección

  O concelleiro do Grupo Municipal Socialista Jorge Bustos expresou hoxe a súa profunda preocupación...