InicioCulturaUnha alumna do Conservatorio de Danza de Lugo, premio extraordinario da Xunta

Unha alumna do Conservatorio de Danza de Lugo, premio extraordinario da Xunta

Andrea Arrechedera recibirá 850 euros e un diploma acreditativo en recoñecemento dos seus excelentes resultados académicos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Andrea Carolina Arrechedera Colosimo, do Conservatorio Profesional de Danza de Lugo, foi recoñecida co Premio Extraordinario da Xunta na modalidade de Danza.

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional publicou hoxe no Diario Oficial de Galicia a resolución da concesión dos premios extraordinarios nas ensinanzas artísticas profesionais nas modalidades de Música, de Danza e de Artes Plásticas e Deseño. Con estes galardóns, a Xunta recoñece o esforzo de seis alumnas e alumnos que remataron os seus estudos no curso 2018/2019 cun excelente resultado académico.

Por este recoñecemento, a bailarina Andrea Arrechedera recibirá unha dotación económica de 850 euros e un diploma acreditativo de tal distinción.

+ posts

ÚLTIMAS

Falece Olga López Racamonde, edil socialista de Cohesión Social de Lugo

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Olga López Racamonde, faleceu este luns aos...

Activado un aviso amarelo por treboadas en zonas de Lugo

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) activou o aviso amarelo por treboadas nas provincias...

O PP de Lugo esixe á Deputación a integración dos 16 traballadores de Suplusa tras a sentenza do Supremo

O PP provincial de Lugo esixe á Deputación que "rectifique" e integre aos 16...

O BNG de Lugo inicia o proceso para elixir a súa candidatura ás municipais de 2027

O BNG de Lugo arrinca este luns o seu procedemento interno para designar a...