InicioCulturaKepa Junkera será un dos reclamos do San Pedro en Muras

Kepa Junkera será un dos reclamos do San Pedro en Muras

O músico éuscaro amenizará o inicio dunhas festas con espazo para a gastronomía e a verbena – É o terceiro ano que a organización faise por concurso

PUBLICADA O

- Advertisement -

Ramón González Rey | Muras celebrará na vindeira fin de semana as súas festas patronais, na honra de San Pedro. A actuación do músico bilbaíno Kepa Junkera é un dos atractivos dun programa que inclúe tamén eventos gastronómicos e baile.

Os festexos arrincarán o venres 29 ás 21.00 horas, cunha sardiñada que será o preludio do concerto de Kepa Junkera, mestre da trikitixa -o acordeón diatónico orixinario de Euskadi- e gañador dun Grammy latino no 2004. Tralo recital, haberá verbena con Noche de Estrellas.

sábado 30O Garabato dos Trasnos encargarase do pasarrúas. Na xornada grande haberá misa solemne e sesión vermú co grupo D’Ases. Pola noite, Los Satélites e o Combo Dominicano porán ritmo á verbena.

O programa festivo completarase o domingo 1, con misa solemne e sesión vermú a cargo de D’Nika.

“Quixemos facer un cartel que gustase a todos os públicos”, expón o alcalde de Muras, o nacionalista Manuel Requeijo, que destaca que o orzamento -con IVE incluído- rondará os 32.000 euros. “É un prezo axustado. Os gobernos anteriores viñan gastando entre 80.000 e 90.000 euros e quixemos reducir iso. Penso que non temos nada que envexar a celebracións doutros municipios”, asegura.

 

ORGANIZACIÓN A CONCURSO

É o terceiro ano que o Concello saca a concurso a organización dos festexos. A empresa Diego Soto Espectáculos levou a adxudicación. É o remedio que propón o goberno local ante a ausencia dunha comisión veciñal que tome as rendas. “É unha mágoa porque trátase dunha festividade especial, que atrae moita xente ao municipio e na que tamén moitos murenses que traballan fóra volven á localidade. Animamos aos veciños a coller as festas, pero sabemos tamén que organizalas é complicado”, apunta.

+ posts

ÚLTIMAS

Violento altercado entre dous acusados por agresión sexual na Audiencia de Lugo

Dous mozos protagonizaron este martes na Audiencia Provincial de Lugo un altercado no xuízo...

A Xunta destina 27,3 millóns á construción de 152 vivendas de promoción pública en Lugo

O Goberno galego autorizou a licitación das obras de construción de 152 novas vivendas...

O PSOE de Portomarín denuncia uns orzamentos locais “pouco ambiciosos”

O Grupo Municipal Socialista de Portomarín votou en contra dos orzamentos presentados polo goberno...

Alertan de danos inminentes en bens arqueolóxicos de Parada, en Outeiro de Rei

Mariña Patrimonio vén de poñer en coñecemento da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural a...