InicioPolíticaFeijóo cesa dos seus cargos a Balseiro e a López Abella para...

Feijóo cesa dos seus cargos a Balseiro e a López Abella para incorporalos á lista do PPdeG por Lugo

Dáse por feito que o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, e a secretaria Xeral de Igualdade, Susana López Abella, irán en postos de saída pola provincia lucense. O presidente da Xunta tamén relevou outros once cargos do Goberno, que pasarán a formar parte das candidaturas ao 5-A.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Xunta de Galicia e candidato do PP á reelección, Alberto Núñez Feijóo, anunciou o relevo de trece altos cargos que pasarán a formar parte das listas do PPdeG ás autonómicas do vindeiro 5-A. No caso de Lugo, cesa o delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro; e mais a secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, que se dan por fixos en postos de saída pola provincia lucense.

Ás portas de que conclúa o prazo para o rexistro das listas para a cita coas urnas, o vindeiro luns 2 de marzo, Feijóo informou de modificacións que afectan aos delegados territoriais de distintas cidades, así como a varios directores e directoras xerais, como consecuencia da súa “previsible incorporación” ás candidaturas populares. O seu cesamento, “por un criterio de prudencia”, publicarase no Diario Oficial de Galicia do próximo luns.

Estes cambios obrigarían a recompoñer o esquema dun Goberno galego descabezado.  Podes ler a información completa no Galicia Confidencial.

+ posts

ÚLTIMAS

Terra Nova abrirá o San Froilán cun DJ sinfónico e estreará a súa primeira ópera en 2027

A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova afrontará a tempada 2026-2027 cun programa que...

Candia anuncia que duplicará as axudas para proxectos de entidades sociais

O Concello de Lugo incrementará de xeito significativo o seu apoio económico ás entidades...

Hospitalizados no HULA cinco nenos por chupar e tocar pílulas que podería ser éxtase

Cinco menores de sete anos tiveron que ser trasladados ao Hospital Universitario Lucus Augusti...

O PP reclama un plan de choque para “frear a sangría” de autónomos na provincia de Lugo

Os senadores do PP de Lugo defenderán este mércores no Senado unha iniciativa para...