InicioSociedadeAtopan un condutor borracho durmido sobre o volante nun paso de peóns...

Atopan un condutor borracho durmido sobre o volante nun paso de peóns en Lugo

O home desprendía "un forte cheiro a alcol" e tiña "fala pastosa e ollos apagados".

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Local de Lugo interceptou un condutor ebrio semidurmido encima do volante. A furgoneta na que ía tiña o motor en marcha, aínda que estaba parada sobre unha beirarrúa e un paso de peóns.

Segundo relatou a Policía Local, axentes da Unidade Territorial de Policía de Barrio observaron o vehículo sobre as 22:40 horas deste martes.  As mesmas fontes destacaron que no interior deste vehículo, que tiña as luces acesas, atopábase o condutor “semidurmido, coa cabeza apoiada no volante”.

BAIXO OS EFECTOS DO ALCOL

Os axentes comprobaron que o individuo presentaba “unha acusada sintomatoloxía de inxesta previa de bebidas alcohólicas” con “fala pastosa, ollos apagados”. Ademais, desprendía “un forte cheiro a alcol”.

Nas probas de detección alcohólica, obtivo resultado positivo de 0,77 miligramos de alcol por litro de aire expirado. Por iso, instruíronse dilixencias por un delito contra a seguridade viaria na modalidade de xuízo rápido.

Ademais, o vehículo foi inmobilizado mediante acta entregada ao condutor. A Policía Local tamén comprobou, posteriormente, que o condutor quebrantara a inmobilización ordenada, polo que iniciou expediente sancionador por non respectar as ordes dos axentes da autoridade, o que implica unha multa de 200 euros e a retirada de catro puntos do carné.

+ posts

ÚLTIMAS

Reaccións moción de censura: Pontón acusa a Rueda de “aproveitarse de dúas persoas mortas e unha tránsfuga”

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, acusou ao presidente da Xunta...

Detido por agresión a un policía nacional no campo Anxo Carro

Axentes da Policía Nacional de Lugo detiveron o pasado fin de semana a un...

Investigada por furtar presuntamente 800 euros dunha carteira esquecida nunha gasolineira en Castro de Rei

A Garda Civil investiga a unha muller como presunta autora dun delito de furto,...