InicioMedioambiente e PatrimonioA Confederación Hidrográfica simplifica os trámites para as actuacións máis demandadas por...

A Confederación Hidrográfica simplifica os trámites para as actuacións máis demandadas por particulares

A Confederación Hidrográfica Miño-Sil aprobou unha relación de obras, actividades e uso de zonas de protección que non requirirían unha autorización administrativa previa. Iso si, seguirá sendo preciso comunicar a actuación ao organismo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS) aprobou unha instrución que posibilita reducir os prazos administrativos para a execución de determinadas obras, traballos e actividades non sometidas ao Regulamento do Dominio Público Hidráulico e que, por tanto, non requiren a tramitación dun expediente de autorización.

A vixente normativa de augas obriga a tramitar expedientes para o uso ou realización de actividades na zona de protección das canles fluviais, tanto no referente ao dominio público hidráulico como ás franxas laterais de protección. Porén, a CHMS entende que existen actividades e usos do chan de pequena entidade que, pola súa escasa relevancia ou o lugar no que se sitúan, puidesen non estar sometidas á obriga de obter autorización administrativa previa.

Así, a nova instrución inclúe unha relación dos distintos usos, obras e actividades que se poderían acoller a esta posibilidade. Serían, por exemplo, obras de mantemento ou reparación de edificacións que non supoñan graves alteracións; a colocación de peches diáfanos provisionais, pastor eléctrico, estacas de madeira de pouca altura; rozas puntuais ou extración de árbores caídas sobre as marxes ou cauces fluviais.

Non obstante, seguirá sendo preciso que a persoa interesada realice unha comunicación previa para a súa análise por parte da CHMS e, no seu caso, un pronunciamento favorable. Nese estudo valorarase a localización das actuacións, así como o traballo que se pretende realizar.

ÚLTIMAS

Aprobada a licenza urbanística para ampliar as instalacións da protectora de animais

O Concello de Lugo completou este mércores o proceso administrativo necesario para legalizar e ampliar as...

Un vehículo choca contra outro tras circular en sentido contrario na A-6, ao seu paso por Lugo

Unha persoa resultou ferida tras unha colisión frontal de dous vehículos, un deles circulaba en...

Polémica en Lugo polas obras de conexión de Lugo con Sarria

A Xunta de Galicia respondeu ao alcalde de Lugo, Miguel Fernández, asegurando que non existe...

Deteñen un home en Lugo despois de agredir cun coitelo a un sobriño

A Policía Local de Lugo detivo na tarde do pasado luns, 13 de outubro,...