InicioSociedadePrisión provisional para o detido como suposto autor do crime machista das...

Prisión provisional para o detido como suposto autor do crime machista das Gándaras

O sospeitoso acolleuse ao seu dereito a non declarar.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Xulgado de Instrución Número 3 de Lugo, especializado en violencia sobre a muller, decretou este martes prisión provisional, comunicada e sen fianza para o home detido como sospeitoso de matar a súa parella o pasado venres en Lugo.

Segundo informaron fontes xudiciais, o detido, que se acolleu ao seu dereito a non declarar, está a ser investigado como presunto autor dun delito de homicidio no ámbito da violencia de xénero.

O arrestado foi trasladado ao xulgado pasadas as 11:00 horas deste martes, logo de que se lle tomase declaración na comisaría tras as dilixencias policiais. A investigación centrouse , entre outras, en analizar “diversos obxectos” achados no lugar do crime e na súa contorna, co fin de verificar se entre eles estaba a arma empregada no asasinato, supostamente a mans da parella da vítima.

O corpo da muller, Clara María Expósito, de 49 anos, foi localizado sen vida o pasado venres no barrio das Gándaras, en Lugo.

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo estuda unir os parques Rosalía de Castro e Marcos Cela cunha pasarela peonil

 Concello de Lugo proxecta a unión dos parques Rosalía de Castro e Marcos Cela...

O patrocinio dun clube de alterne no cartel dunhas festas volve xerar polémica en Outeiro de Rei

Un ano máis xurdiu a polémica en Outeiro de Rei pola publicidade que se...

Un incendio nunhas instalacións agrarias mobiliza os servizos de emerxencias en Friol

Os servizos de emerxencias traballan a esta hora na extinción dun incendio nas instalacións...

Tres detidos tras desmantelar dous puntos de venda de droga en Lugo

A Policía Nacional detivo a semana pasada a tres persoas tras desmantelar dous puntos...