InicioMedioambiente e PatrimonioAsociacións de recreación histórica apostan polo MVRO en San Fernando para recoller...

Asociacións de recreación histórica apostan polo MVRO en San Fernando para recoller a historia da cidade

Aseguran que non son contrarios á creación dun Parador, porque "Lugo tamén o pode necesitar". Pero, a diferenza da Xunta, non ven que o sitio ideal sexa o cuartel de San Fernando, con enorme valor arqueolóxico.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE.- Representantes das asociacións de recreación histórica que forman parte da organización do Arde Lucus, compareceron hoxe en rolda de prensa para facer público o seu apoio á creación do Museo da Romanización —MVRO— no cuartel de San Fernando.

Os representantes deses colectivos deixaron claro que non se opoñen, en ningún caso, á creación dun Parador en Lugo, un servizo que, ao seu xuízo, pode ser beneficioso para a cidade e mesmo supoñer un revulsivo desde o punto de vista económico. Pero, a diferenza do que expón a Xunta de Galicia, opinan que o lugar adecuado para facelo non é o Cuartel de San Fernando.

REUNIR E “VISIBILIZAR” OS RESTOS ARQUEOLÓXICOS

Nese sentido, precisaron que o Cuartel de San Fernando é un Ben de Interese Cultural “a protexer”, de modo que “o novo uso que se lle vaia a dar non pode supoñer nin a transformación” do edificio nin tampouco “unha perda das súas características construtivas ou tipolóxicas”, sen esquecer que “o seu subsolo é un xacemento arqueolóxico en si mesmo, tal e como se puido verificar coas catas realizadas pola Xunta no ano 2010”.

Segundo estes colectivos, o MVRO é necesario en Lugo porque “como cidade de orixe romana, necesita dun museo que fale da súa historia e da súa evolución”. Ademais, lembran que hai “15.000 obxectos catalogados” da época romana na cidade e “non se sabe nin cantos están aínda” sen inventariar. Segundo Manuel Buxán, que exerceu de voceiro destes colectivos, un Museo da Romanización en San Fernando daríalles “visibilidade” a eses restos arqueolóxicos. Asegurou que habían defender a súa creación “con toda a forza” posible.

O PARADOR SI, PERO NOUTRO LADO

“Nós non nos opoñemos á creación dun parador, pero tampouco queremos que sexa un parador e un museo, porque iso desvirtuaría os restos de Lucus Augusti. Ao final, o dono do museo ía ser o dono do parador e aquí faise sempre o que din os donos”, engadiu Buxán.

En todo caso, pediu á Xunta de Galicia que “non abandone a idea” de promover a construción dun parador porque “Lugo tamén o pode necesitar”, pero “non no cuartel de San Fernando”. EFE

+ posts

ÚLTIMAS

O Pleno de Lugo aproba iniciar o expediente de nomeamento de Xoán Montes como fillo predilecto

  O Pleno do Concello de Lugo aprobou hoxe por unanimidade unha proposta que impulsou...

CCOO chama á unidade sindical para negociar o convenio do comercio de alimentación en Lugo

A Federación de Servizos de CCOO Galicia fixo un chamamento ao resto de organizacións...

Cáritas Lugo alerta: medran os migrantes atendidos e os maiores sós, pero “a pobreza ten cara de muller”

Un total de 7.834 persoas foron atendidas por Cáritas Diocesana de Lugo ao longo...

A Deputación celebra o 182 aniversario da fundación da Garda Civil

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, participou este xoves nos...