InicioMedioambiente e PatrimonioEstudantes Erasmus dunha vintena de países descubrirán #OLugoMenosCoñecido

Estudantes Erasmus dunha vintena de países descubrirán #OLugoMenosCoñecido

Guido Guía dará a benvida ao alumnado internacional que curse este segundo cuadrimestre no Campus Terra da USC.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A vindeira semana comeza o segundo período lectivo do curso 2019/2020 no Campus de Lugo da USC. Canda el, chegan ducias de estudantes internacionais á cidade das murallas, que serán recibidos cun paseo guiado por #OLugoMenosCoñecido este domingo 2 de febreiro.

Guido Guía lanza así unha nova edición dos seus exitosos paseos pola cidade. Neste caso, está dirixido aos estudantes Erasmus que arriben en Lugo, pero tamén pode participar o público en xeral. O seu promotor destaca que será unha oportunidade única para gozar dun intercambio cultural, xa que prevé que se unan persoas dunha vintena de países diferentes.

O prezo da inscrición é de seis euros por persoa, aínda que todas as estudantes contarán cun desconto do 50%.

ÚLTIMAS

Carmela López visita ao persoal dos diferentes servizos da Deputación en

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, visitou este martes ao persoal dos...

O PP de Lugo racha a cohesión do Goberno e saca adiante tres emendas clave para os Orzamentos

O Grupo Municipal Popular logrou este martes os apoios suficientes na comisión extraordinaria de...

A Deputación corta seis estradas provinciais mentres seguen as complicacións na montaña de Lugo

  A Deputación mantén cortadas este martes seis estradas provinciais e conta con preto de...

Peche educativo no IES Nosa Señora dos Ollos Grandes

O Sindicato de Traballadoras e Traballadores do Ensino en Galiza (STEG) informa do peche...