InicioSociedadeMulleres investigadoras impartirán obradoiros no CEIP Paradai co gallo do Día da...

Mulleres investigadoras impartirán obradoiros no CEIP Paradai co gallo do Día da Nena na Ciencia

O grupo XuvenCiencia da USC busca espertar o interese científico entre a rapazada, así como desmontar os prexuízos de xénero que arrodean este eido profesional.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O grupo XuvenCiencia da USC está a preparar unha xornada no CEIP Paradai para celebrar o Día da Muller e da Nena na Ciencia. O vindeiro 12 de febreiro, unha vintena de investigadoras achegaranse á escola para desenvolver obradoiros que esperten na rapazada o interese polo eido científico-tecnolóxico.

Profesoras, doutorandas e estudantes da USC impartirán actividades adaptadas ás distintas idades que conviven no CEIP Paradai: un xogo de pilla-pilla arredor da cadea trófica e actividades de robótica para a educación infantil; traballo sobre a alimentación saudable e a xestión responsable da auga para as e os estudantes de 1º e 2º de primaria; unha introdución ás curas de enfermaría e á botánica para o alumnado de 3º e 4º; e a experimentación coa fibra óptica e os elos das cadeas de ADN para a rapazada de 5º e 6º.

A FENDA DE XÉNERO E O CHAN PEGAÑENTO

Asemade, poñerase en marcha unha adaptación do obradoiro A ciencia como profesión, que ten por obxectivo desmontar os prexuízos de xénero que existen arredor da ciencia.

Precisamente, a coordinadora de XuvenCiencia, a profesora da USC Mercedes Novo Rodríguez, considera que contar con referentes adoita ser o primeiro paso para que prenda nas nenas unha vocación forte dabondo para rachar coas barreiras de xénero impostas e liberarse do “chan pegañento” que a cotío lastra a carreira de moitas mulleres novas.

Desenvolver estes talleres con alumnado de idades temperás ten unha importancia engadida, xa que a etapa na que se atopan é “a porta de entrada a todos os coñecementos” e “constitúe a base de canto logro se acade máis adiante”.

+ posts

ÚLTIMAS

O PP de Lugo acusa ao BNG de “desgoberno” nas contas municipais no anterior goberno local

O goberno municipal de Lugo elevou este martes o ton da confrontación política cos...

Detido un home por insultar e golpear a un axente da Policía Local de Lugo

Segundo informa a Policía Local nun comunicado, os axentes atopábanse de patrulla cando foron...

Lugo reactiva tras case cinco anos a Mesa Local de Comercio para impulsar novas medidas de apoio ao sector

O Concello de Lugo reactivou este martes a Mesa Local de Comercio despois de...

O único xulgado polo incendio mortal en Tableros Hispanos de Nadela nega a súa responsabilidade no sinistro

O xuízo polo incendio mortal rexistrado en 2019 na planta de Tableros Hispanos de...