InicioPolíticaO BNG lembra que o xulgado de violencia de xénero en Lugo...

O BNG lembra que o xulgado de violencia de xénero en Lugo forma parte do pacto de investidura

Os nacionalistas reiteran a súa demanda dun xulgado específico para violencia de xénero.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, reclamou a creación dun xulgado específico de violencia de xénero para Lugo para dar ás vítimas “a atención que necesitan”. Lembra que “a creación de tres xulgados específicos, nas tres cidades que aínda non contan con un, é un dos alicerces básicos” do acordo de investidura co PSOE.

O Bloque aposta pola comarcalización do servizo, cunha dependencia xudicial que acolla todos os casos que se produzan en Lugo, cunha instalación próxima para as vítimas.

“A provincia de Lugo necesita dunha sala especializada na que tratar este tipo de casos, e na que se poida dar ás vítimas a atención que necesitan”, apunta.

A OPINIÓN DOS AVOGADOS

Pola súa parte, o decano do Colexio de Avogados de Lugo declarou recentemente que Lugo precisa con máis urxencia un Xulgado do Social ca un de Violencia de Xénero. Coida que a creación deste último órgano na cidade suporía unha segunda vitimización das mulleres.

ÚLTIMAS

Lea pola promoción do Arde Lvcus en Fitur: o Concello de Lugo reprende á Xunta

O Concello de Lugo e o PP protagonizaron nas últimas horas unha lea pola presentación do Arde Lvcus...

A Garda Civil de Lugo identifica a tres autores de estafas a congregacións relixiosas

Unha investigación levada a cabo polo Equipo de Investigación Tecnolóxica da Policía Xudicial da Garda...

Lugo roza este mércores os -10 graos

As temperaturas mínimas rozaron este mércores os 10 graos negativos nas provincias de Lugo...

Un veciño de Zamora participa na ruta de 4×4 de Becerreá con matrículas falsas

A Garda Civil investiga a un veciño de Zamora de 37 anos como suposto autor dun...