InicioSociedadeOs avogados de Lugo ven "máis urxente" un novo Xulgado do Social...

Os avogados de Lugo ven “máis urxente” un novo Xulgado do Social ca un de Violencia de Xénero

O decano do Colexio de Avogados cre que a creación dun xulgado específico para violencia de xénero en Lugo suporía unha segunda vitimización para as mulleres, que terían que desprazarse ata a cidade.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O decano do Colexio de Avogados de Lugo, Félix Mondelo, volveu a pór de manifesto este xoves a necesidade dun novo Xulgado do Social ante o colapso dos tres que funcionan na cidade. A pesar de que se dispuxo dun “reforzo”, Mondelo advertiu de que iso “non chega a nada”. “Non damos actualizado os asuntos que entran”, subliñou.

Os sinalamentos para “2022 ou mesmo 2023” refírense a despedimentos —aínda que nalgúns casos “teñen un tratamento diferente”— ou “recoñecemento de xubilacións e pensións que afectan ao día a día de moitas persoas”, abundou.

Este “inconveniente”, manifestou, non só afecta os traballadores, senón que tamén prexudica “a empresas, porque de pagar un despedimento a pagalo con intereses dous ou tres anos despois hai unha boa diferenza”. “É prioritario a creación dun novo xulgado do social”, reiterou.

SEGUNDA VITIMIZACIÓN DAS MULLERES

Félix Mondelo asegurou que “é máis urxente arranxar a xurisdición Social en Lugo que o Xulgado de Violencia de Xénero, que expón serias dificultades, sobre todo para as maltratadas da provincia porque terían que desprazarse a Lugo e sería como unha segunda vitimización”.

“Incluso o xuíz de violencia de xénero non é partidario de que se estableza un xulgado para este tema en Lugo”, continuou Mondelo. “O cociente de asuntos de violencia de xénero tampouco está dentro dos parámetros que manexa o Consello Xeral do Poder Xudicial”.

+ posts

ÚLTIMAS

A CIG denuncia ante Inspección a empresa onde morreu un mozo en prácticas en Vilalba

A CIG presentou unha denuncia ante a Inspección de Traballo contra a empresa de...

Alerta nos Ancares por unha “praga” de xabarís: os gandeiros temen o contaxio de enfermidades e esixen accións á Xunta

O Sindicato Labrego advirte dun aumento sen precedentes dos ataques, que ameaza a viabilidade das explotacións, e reclama a Medio Ambiente peches preventivos e un control sanitario estrito.

Queremos Galego denuncia o uso do castelán nun cartel en Lugo mentres o PP sinala que xa se fixo en anos anteriores

A plataforma Queremos Galego criticou publicamente ao goberno municipal de Lugo, liderado polo PP,...

O PP acusa a Carmela López de manter “o mesmo sectarismo” que Tomé na Deputación

O grupo provincial do PP na Deputación de Lugo acusou á presidenta do organismo,...