InicioSociedadeVarios expertos debaterán en Lugo sobre os coidados das persoas maiores

Varios expertos debaterán en Lugo sobre os coidados das persoas maiores

O envellecemento poboaciónal será o eixe sobre o que xiren as xornadas deste fin de semana no Vello Cárcere. Abordaranse cuestións como a soidade, a dependencia ou os trastornos neurolóxicos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Lugo reunirá este fin de semana no Vello Cárcere a expertos en atención a persoas maiores para abordar os retos de futuro que supón o envellecemento poboacional.

Será no marco do I Xornada de Traballo sobre a Atención Sociosanitaria a Persoas Maiores, que comezará o venres, ás 17:00 horas. Articularase arredor de catro mesas de debate sobre a atención á soidade, os trastornos neurolóxicos, os coidados extrahospitalarios e a dependencia.

A concelleira da área, Olga López, indicou que o obxectivo destas xornadas é avaliar “desde múltiples perspectivas” o funcionamento actual dos mecanismos e recursos empregados neste labor, así como o modo de melloralos e alcanzar unha boa coordinación.

AS PARTICIPANTES

Para iso, contarase coa participación de representantes de entidades como Cruz Vermella, Adace, Aspalu ou Afalu, pero tamén con profesionais do servizo de Xantar No Fogar, centros de día, traballadores sociais ou persoal sanitario.  Esta primeira edición contará, ademais, cunha charla maxistral a cargo de José Antonio López Trigo, xeriatra, traballador do Concello de Málaga e expresidente da Sociedade Española de Xeriatría.

Máis de 5.000 maiores de 65 anos viven sós na cidade de Lugo

+ posts

ÚLTIMAS

Deteñen dous homes por roubo de cable na Rolda da Muralla

  Segundo informa a Policía Local nun comunicado, un cidadán alertou ao 092 de que...

O PP de Lugo acusa ao BNG de “desgoberno” nas contas municipais no anterior goberno local

O goberno municipal de Lugo elevou este martes o ton da confrontación política cos...

Detido un home por insultar e golpear a un axente da Policía Local de Lugo

Segundo informa a Policía Local nun comunicado, os axentes atopábanse de patrulla cando foron...

O PSOE de Lugo alerta que o Arde Lucos non ten Plan de Autoprotección

  O concelleiro do Grupo Municipal Socialista Jorge Bustos expresou hoxe a súa profunda preocupación...