InicioLugo e contornaBalseiro acusa o Goberno central de "estar a desmantelar" o ferrocarril en...

Balseiro acusa o Goberno central de “estar a desmantelar” o ferrocarril en Lugo

José Manuel Balseiro presume do investimento da Xunta en materia de transporte e lembra que o Goberno galego se opuxera cando o equipo de Mariano Rajoy tentara levar a cabo estas medidas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O delegado da Xunta de Galicia en Lugo, José Manuel Balseiro, acusou este mércores o Goberno central de “estar a desmantelar” o ferrocarril nesta provincia, coa supresión das máquinas expendedoras de billetes en Sarria, Burela e Viveiro.

En rolda de prensa, Balseiro contrapuxo ese desmantelamento con que o Goberno galego “potencia as instalacións”. “A estación de autobuses de Sarria e Burela vanse remodelar e xa están adxudicadas; e a de Viveiro é a que máis investimento leva de toda a provincia e xa tamén está adxudicada”, presumiu.

“Mentres, o Goberno de España está a desmantelar o ferrocarril, e estao facendo con máquinas de mediana idade que se trasladan a Levante. Para aquí mándannos maquinas que teñen 25 ou 30 anos“, manifestou. Así mesmo, o delegado da Xunta lembrou que “é certo que esta formulación se tentou estando Mariano Rajoy no Goberno, pero houbo unha oposición clara da Xunta de Galicia, que foi a que primou. Neste caso non”.

ÚLTIMAS

Atraco a punta de pistola na Caixa Rural de Cervantes

Un home armado cunha pistola atracou á primeira hora deste venres a sucursal do...

Detido un home en Lugo por presunta agresión á súa nai

A Policía de Lugo detivo este xoves a un home, residente da rúa Tino...

A causa contra o loteiro de Lugo investigado por falsear un atraco, sen caso

A Fiscalía pediu o sobresemento provisional da causa aberta ao loteiro de Lugo acusado de simular...

Avogados piden unha xustiza máis próxima para as mulleres vítimas de violencia de xénero

Máis de 150 profesionais do ámbito xurídico e da igualdade déronse cita en Lugo...