InicioEconomíaUU.AA. denuncia que o prezo do vacún apenas subiu dende hai 30...

UU.AA. denuncia que o prezo do vacún apenas subiu dende hai 30 anos

O sindicato alertou sobre contratos que se lles ofrecen aos gandeiros a pesar de incumprir a lei. Pon o foco na maneira "medieval" de efectuar as compravendas, onde moitas veces a única validez reside na palabra dos tratantes.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O responsable de producións extensivas e agricultura de Unións Agrarias (UU.AA.), José Ramón González, apremou este mércores á Xunta de Galicia para que convoque a mesa da carne. Esixen cambios, pois denunciaron que os prezos do vacún apenas experimentaron cambios desde hai 30 anos.

Así, no transcurso dunha rolda de prensa en Lugo, precisou que o prezo medio do “animal” cun peso en torno a 220 quilos sitúase en “4,2 ou 4,3 euros” por quilo nestas datas, que pode chegar aos cinco en “xuño”. “É o mesmo prezo dos últimos 30 anos e logo hai que pagar o penso ou o gasoil (que non é o mesmo prezo de hai trinta anos)”, abundou.

González concretou que en Galicia hai censadas unhas 8.200 explotacións de carne, inscritas na Indicación Xeográfica Protexida Vacún de Galicia (IXP), das que 6.000 están situadas na provincia de Lugo, sobre todo na montaña. Ademais, sinalou, hai 132.000 animais identificados e 96.000 “certificados”, 55.000 en Lugo maioritariamente vaca de cría, cun volume de negocio de 122 millóns de euros. Existen, segundo engadiu, 36 industrias cárnicas, 15 na provincia de Lugo. Por parte de Unións Agrarias fixeron fincapé no labor “social” que fan estas explotacións no medio rural, sobre todo, á hora de “fixar poboación”.

CONTRATOS QUE NON CUMPREN AS CONDICIÓNS

O dirixente agrario puntualizou que “estas explotacións, a día de hoxe, teñen unha maneira de traballar a nivel de compravenda que segue sendo medieval”. “Seguimos falando do trato na feira ou o trato na cuadra, a tesoira para marcar o animal… Ese animal vaise coa palabra do tratante e véndese”, destacou. Lembrou que en España hai unha lei que obriga a que as transaccións económicas de compravenda que superen os 2.500 euros deben ser feitas “por escrito” e cun “prezo concertado”.

“Está a incumprirse desde hai anos esta lei, e o que queremos denunciar hoxe é que algunhas industrias tentan poñer aos agricultores diante un contrato que non cumpre as condicións da lei. Tal contrato obriga os gandeiros a entregar a súa produción a esta industria e non pon prezo. O primeiro que imos facer desde o sindicato é denunciar eses contratos para que non se asinen”, avisou.

ÚLTIMAS

Traxedia na A-8 en Guitiriz: dous operarios mortos tras ser atropelados durante unhas obras

Dous operarios faleceron e outros dous resultaron feridos graves por mor dun atropelo rexistrado...

Fendas no Concello de Lugo tras a saída da edil María Reigosa do PSOE: o PP fala de falta de liderado e Besteiro chama...

A portavoz do PP de Lugo, Elena Candia, vinculou o voto da edil que...

Prensentan o VIII Foro de Agroecoloxía que se celebrará en Mondoñedo

O pasado venres a medio día presentouse no Pazo de San Marcos o VIII...

Detido un empresario de transportes en Lugo por explotar a un traballador ao que prometeu papeis e contrato

Axentes da Policía Nacional de Lugo detiveron na cidade a un empresario de transportes...