InicioSucesosFerido un veciño da Fonsagrada ao ser atropelado na capital municipal

Ferido un veciño da Fonsagrada ao ser atropelado na capital municipal

Foi trasladado ao Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA).

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un home de 69 anos resultou ferido e foi evacuado na tarde deste xoves tras ser alcanzado por un turismo no termo municipal da Fonsagrada.

O 112 Galicia tivo coñecemento do atropelo a través da chamada de alerta dun particular. O suceso produciuse sobre as 19.15 horas deste xoves na Avenida de Galicia, na Fonsagrada.

O persoal do 112 Galicia informou do sucedido aos Bombeiros de Sarria, por se fose necesaria a súa intervención, e aos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061. Tamén se solicitou a colaboración dos axentes da Garda Civil e Protección Civil da localidade, que confirmaron ao 112 Galicia que o equipo sanitario trasladou o home ferido ata un centro hospitalario.

En concreto, o 061 desprazou ao lugar unha ambulancia e un equipo sanitario do Punto de Atención Continuada (PAC) da Fonsagrada para atender o home ferido, que foi evacuado ao Hospital Lucus Augusti (HULA)

+ posts

ÚLTIMAS

Deteñen dous homes por roubo de cable na Rolda da Muralla

  Segundo informa a Policía Local nun comunicado, un cidadán alertou ao 092 de que...

O PP de Lugo acusa ao BNG de “desgoberno” nas contas municipais no anterior goberno local

O goberno municipal de Lugo elevou este martes o ton da confrontación política cos...

Detido un home por insultar e golpear a un axente da Policía Local de Lugo

Segundo informa a Policía Local nun comunicado, os axentes atopábanse de patrulla cando foron...

O PSOE de Lugo alerta que o Arde Lucos non ten Plan de Autoprotección

  O concelleiro do Grupo Municipal Socialista Jorge Bustos expresou hoxe a súa profunda preocupación...