InicioSucesosDetido por roubar diñeiro, recibos de lotaría e outros obxectos nun bar...

Detido por roubar diñeiro, recibos de lotaría e outros obxectos nun bar de Lugo

O individuo relaciónase cun roubo con forza nun establecemento hostaleiro da Ronda de Fontiñas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Nacional detiveron en Lugo un home de 33 anos veciño da cidade das Burgas por un roubo con forza nun bar da capital luguesa. Ao parecer, fíxose con diñeiro, lotaría e outros obxectos nun local de hostalaría.

Segundo informou a Policía Nacional, os feitos sucederon na madrugada do martes, a iso das 4.00 horas. Uns funcionarios da Brigada de Seguridade Social localizaron, mediante a colaboración cidadá, un individuo que “camiñaba rápido e tratando de ocultarse” pola rúa Emilio Pardo Bazán. Ao ser identificado e cacheado incautóuselle “unha gran cantidade de moedas e billetes pequenos, varios recibos de lotaría e outros obxectos, que poden pertencer a un local de hostalaría sen ningunha dúbida”, indican as mesmas fontes.

Axentes procederon a verificar este extremo e localizaron un bar da Ronda de Fontiñas cuxa xanela da parte traseira estaba fracturada. O interior do local víase todo revolto. Logo de localizar o propietario, e unha vez realizada a pertinente requisa do local, este confirmou que fora vítima dun roubo con forza e que os obxectos que portaba o individuo detido pertencían ao establecemento. Ademais, a caixa rexistradora do bar foi achada debaixo dun vehículo nas proximidades do lugar.

Mentres isto ocorría, uns compañeiros que patrullaban nas rúas adxacentes a Fontiñas tamén observaron uns movementos “nada habituais para ese lugar e esa hora” en certo individuo que transitaba por alí, polo que procederon á súa identificación. Tras serlle realizados os trámites oportunos, deixóuselle marchar, pero non se descarta a súa participación nos feitos.

DETENCIÓN

Procedeuse entón á detención do citado individuo por un delito de roubo con forza, tras o que foi trasladado a dependencias da Policía Nacional na rúa Chantada, para instruír o correspondente atestado que foi remitido á autoridade xudicial na mañá deste mércores.

ÚLTIMAS

Lugo paraliza as obras do edificio que ía acoller a menores migrantes por falta de licenza urbanística

O Concello de Lugo ordenou a suspensión inmediata das obras que se executan no...

Rescatan a unha muller cunha perna atrapada nun motocultor nunha leira de Begonte

Os bombeiros de Vilalba tiveron que liberar na tarde deste luns a unha muller...

O PSdeG acusa a Rueda de usar Turismo de Galicia como “a chequera de Elena Candia” nos orzamentos de 2026

A deputada socialista e secretaria de Organización do PSdeG, Lara Méndez, acusou ao presidente...

Falece un home de 31 anos nun accidente de tráfico en Lugo tras saír da vía o seu vehículo

Un home de 31 anos perdeu a vida nesta pasada madrugada ao sufrir un...