Home Lugo e contorna Lugo Os hostaleiros de Lugo, “preocupados” polos continuos roubos nos seus locais

Os hostaleiros de Lugo, “preocupados” polos continuos roubos nos seus locais

0
Os hostaleiros de Lugo, “preocupados” polos continuos roubos nos seus locais
Cheché Real, presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería e Turismo de Lugo | Óscar Bernárdez

EFE.- Os hostaleiros de Lugo reclaman medidas por parte das autoridades para frear a onda de roubos que están a sufrir nos seus establecementos en diferentes municipios da provincia. Nalgúns casos mesmo chegaron a padecer eses roubos nos seus domicilios particulares.

Fontes do colectivo informaron a EFE de que a proliferación de roubos en establecementos da provincia fai que a preocupación dos hostaleiros vaia en aumento. De feito, representantes da xunta directiva da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (APEHL) e varios socios da mesma reuníronse nas últimas horas coa subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, para trasladarlle a súa “inquietude” ante os últimos acontecementos.

Nesa xuntanza, ademais do presidente e o vicepresidente da asociación, Cheché Real e José Manuel Cela, respectivamente, tamén participaron socios da APEHL como Daniel Romay, Jesús Díaz ou Nardo Eiroa.

Desde a APEHL insisten na “preocupación” por estes sucesos, reforzada polo feito de que “algún dos propietarios dos locais” afectados “tamén tivo que vivir eses roubos no seu propio domicilio”. EFE

+ posts

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here