InicioCulturaO 2019 foi un bo ano para o sector do turismo en...

O 2019 foi un bo ano para o sector do turismo en Lugo

Dende o Concello agardan que a campaña 'Lugo km100' sirva para continuar coa tendencia positiva no número de visitantes.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un total de 84.927 persoas visitaron as instalacións turísticas da cidade durante o 2019, o que supón un aumento do 17% respecto do ano anterior. Á súa vez, a oficina de Turismo atendeu 44.408 persoas, un 4% máis ca no 2018; e os museos dependentes da área de Cultura tampouco foron alleos a este incremento turístico. Na Casa dos Mosaicos, por exemplo, duplicáronse o número de persoas visitantes.

A edil de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua de Lugo, Maite Ferreiro, agarda seguir esta tendencia neste novo ano. “Coa posta en marcha da campaña ‘Lugo Km 100’ e coa chegada do ano Xacobeo, esperamos continuar nesta dinámica e superar novamente a cifra de visitantes que se achegan ás instalacións municipais”, dixo Maite Ferreiro, que explicou que están a traballar “para pór en valor Lugo como atractivo turístico de primeira orde dentro do chamado turismo de interior”.

‘LUGO KM 100’ EN FITUR

“Lugo está a 100 quilómetros exactos de Santiago, a distancia mínima para obter a ‘Compostela'”, indicou a edil de Cultura, que engadiu que un dos obxectivos é “atraer ás persoas que queiran facer o camiño por primeira vez escapando da masificación do Camiño Francés ou como punto de partida dunha nova ruta”.

Durante a mañá do próximo día 23 de xaneiro, Maite Ferreiro desprazarase á Feira Internacional de Turismo Fitur en Madrid, para presentar a campaña ‘Lugo Km 100’ ante profesionais do sector do turismo.

ÚLTIMAS

Avogados piden unha xustiza máis próxima para as mulleres vítimas de violencia de xénero

Máis de 150 profesionais do ámbito xurídico e da igualdade déronse cita en Lugo...

Alugueres “alcanzables” en Lugo e penalización a propietarios con vivenda baleira

Lugo contará cun ambicioso Plan Municipal de Vivenda, unha folla de ruta que busca...

Seis meses de prisión para o xerente dunha empresa por delito de lesións nun traballador

O xerente dunha empresa vinculada á construción de Lugo aceptou este xoves unha pena...

Lugo adxudica o proxecto da pasarela do Carril das Flores

A Xunta de Goberno Local do Concello de Lugo adxudicou este mércores o proxecto...