InicioSucesosDetido por agredir un mozo para roubarlle o móbil en pleno centro...

Detido por agredir un mozo para roubarlle o móbil en pleno centro de Lugo

Os feitos ocorreron na madrugada de Aninovo, entre a Praza da Soidade e a de Santo Domingo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Nacional de Lugo detiveron na madrugada de Aninovo un mozo con antecedentes como presunto autor dun roubo con violencia en pleno centro de Lugo. Os feitos, ocorridos ás 08.30 horas do pasado 1 de xaneiro, refírense a un individuo que agrediu un mozo para subtraerlle o teléfono móbil.

Segundo relatou a Policía Nacional, o suceso aconteceu na confluencia da Praza da Soidade coa Praza de Santo Domingo. Alí, un mozo de 18 anos foi abordado por outro rapaz, veciño de Lugo e de 20 anos de idade. Deste último constan antecedentes policiais.

Nese momento, segundo o relato policial, solicitoulle á victima un cargador de teléfono, e ao ser a resposta negativa, preguntoulle se levaba móbil. A conversa non seguiu durante moito máis tempo, pois o agresor comezou a dar puñadas ata o punto de que o outro mozo caeu ao chan, sen que iso provocara o fin dos golpes.

Nesa situación, o agresor quitoulle o teléfono móbil, tirouno ao chan e rompeuno “por completo”, segundo sinalou a Policía. Tamén destruíu outras pertenzas do rapaz e subtraeulle os 20 euros que portaba na carteira. Nese momento chegou ao lugar un amigo da vítima, polo que o agresor marchou, “non sen antes continuar coas ameazas cara ao agredido”, abundaron as mesmas fontes.

Todo iso foi recollido nunha denuncia presentada na Oficina de Denuncias e Atención ao Cidadán da Comisaría Provincial, tras o que se puxo en marcha un dispositivo para a localización e detención do autor dos feitos. O agresor “é coñecido polo agredido e usuario activo de redes sociais”, concretou a Policía.

Finalmente, este individuo foi localizado na rúa Ramón Montenegro durante a pasada madrugada. Alí incautóuselle un teléfono móbil, o cal tamén figura subtraído en denuncia da cidade da Coruña. O arrestado foi detido e trasladado a dependencias policiais.

ÚLTIMAS

Inaugurado en Lugo un busto en recordo a Moncho Reboiras, asasinado pola policía franquista hai 50 anos

Moncho Reboiras, asasinado pola policía franquista en 1975 e recoñecido polo Estado como vítima...

A Xunta licita a última fase a autovía Nadela-Sarria: as obras estarán en marcha no segundo semestre de 2026

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, avanzou este venres a licitación das obras correspondentes...

PP e BNG votan a favor de reprobar a José Tomé no Concello de Lugo ante acusacións de utilización das vítimas de agresións machistas

Os grupos municipais do PP e do BNG en Lugo aprobaron a moción, presentada...

O PP de Lugo denuncia o desvío de fondos para a rúa Fermín Rivera mentres o PSOE defende un novo convenio coa Confederación Hidrográfica

O Partido Popular de Lugo avanzou este luns a posta en marcha dunha campaña...