InicioEconomíaAprobada a nova RPT do Concello de Lugo con máis de 560...

Aprobada a nova RPT do Concello de Lugo con máis de 560 postos

A aprobación prodúcese dunha xunta extraordinaria do goberno bipartito da cidade de Lugo, que comparten socialistas e nacionalistas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e a concelleira Paula Alvarellos anunciaron este venres a aprobación da nova relación de postos de traballo (RPT) do Concello, tras quedar obsoleta a vixente desde o ano 2006.

Méndez destacou que a nova RPT vén “avalada” pola unanimidade de todos os sindicatos con presenza no Concello e será “un dos instrumentos principais” que permitirán “modernizar a súa administración, cunha ordenación racional dos seus efectivos de persoal en consonancia coas necesidades reais dos distintos servizos”.

A aprobación prodúcese dunha xunta extraordinaria do goberno bipartito da cidade de Lugo, que comparten socialistas e nacionalistas. Méndez apelou á necesidade desta relación laboral, posto que e os traballadores do Concello “están por baixo, desde o punto de vista salarial, doutras grandes cidades”.

“Procuramos unha mellora nas súas condicións laborais, fóra diso os funcionarios desta casa sempre primaron a súa función pública por encima dos seus intereses persoais”, insistiu. En suma, son máis de 560 funcionarios cos que conta o Concello de Lugo, facéndose unha valoración “individual” de cada caso, nesta nova Relación de Postos de Traballo que tamén contempla a incorporación da administración electrónica.

+ posts

ÚLTIMAS

A Ponte de Cruzul, a única neoclásica de Lugo, declarada BIC

O Boletín Oficial do Estado (BOE) publica este xoves o real decreto polo que...

O goberno local de Guitiriz defende que as súas accións se efectuaron “con absoluto respecto á legalidade”

O goberno de Guitiriz defendeu este mércores que todas as súas actuacións "leváronse a...

“Canda Elena”, a canle con entrevistas en Youtube da ‘popular’ Elena Candia

A portavoz do Grupo Municipal do Partido Popular en Lugo, Elena Candia, puxo en...

Mostra ‘O derradeiro trazo de xiz’ Miguel Muñiz no pazo de San Marcos

Esta tarde inagurouse no Pazo de San Marcos a mostra fotográfica e documental “O...