InicioSociedadeAdif licita obras de mellora en 14 quilómetros do tramo Monforte de...

Adif licita obras de mellora en 14 quilómetros do tramo Monforte de Lemos-Lugo

O obxectivo da actuación é mellorar as condicións de conservación e durabilidade das estruturas que, á súa vez, se adaptarán aos parámetros da nova electrificación do tramo (actualmente non electrificado).

PUBLICADA O

- Advertisement -

Adifaprobou a licitación dun contrato para o tratamento deelementos de infraestrutura(pontes, terrapléns e trincheiras) nun tramo de aproximadamente 14 quilómetros da liña Monforte de Lemos-Lugo, cun orzamento de 4.060.240,35 euros.

Segundo informou a través dun comunicado, o contrato comprende o tratamento de 14 pontes, un terraplén e tres trincheiras entre os puntos quilométricos 361/143 e 375/305 do tramo Monforte-Lugo.

O obxectivo da actuación é mellorar as condicións de conservación e durabilidade das estruturasque, á súa vez, se adaptarán aos parámetros da nova electrificación do tramo (actualmente non electrificado). Tamén se mellorará a drenaxe da infraestrutura mediante a construción de novos elementos de drenaxe e a limpeza e adecuación dos xa existentes.

As actuacións de mellora do tramo en servizo Ourense-Monforte-Lugo, nas que se enmarca esta licitación, teñen como obxectivo cumprir os compromisos de Adif coa optimización das condicións de explotación comercial do traxecto, en parámetros tales como a fiabilidade, o confort e os tempos de viaxe.

ÚLTIMAS

Reabre o supermercado pechado temporalmente por presenza de ratos

O supermercado Family Cash situado no centro comercial de Abella, en Lugo, clausurado temporalmente...

Seguen hospitalizados 3 dos 6 intoxicados con deterxente nunha pulpería de Lugo durante o San Froilán

Tres das seis persoas que tiveron que ser ingresadas a pasada fin de semana...

Dous detidos por furto de móbiles durante as festas do San Froilán

Investigacións levadas a cabo por membros da Brigada de Policía Xudicial da Policía Nacional...

A Deputación destina un millón de euros a cinco concellos para melloras

A Deputación de Lugo aprobou un investimento global dun millón de euros destinada a...