InicioPolíticaConcello e Xunta seguen sen chegar a encontro sobre o Museo da...

Concello e Xunta seguen sen chegar a encontro sobre o Museo da Romanización

A alcaldesa e o tenente de alcalde reuníronse este mércores co conselleiro.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Lugo insiste en rehabilitar o cuartel de San Fernando, en pleno centro do centro histórico da cidade, para convertelo na sede do futuro Centro da Romanización, e así llo fixeron saber os representantes do goberno local ao conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, que onte recibiu a alcaldesa, Lara Méndez, e o tenente de alcalde, Rubén Arroxo, en Santiago de Compostela.

Aínda que o conselleiro mantivo nese encontro a súa postura e a idea de converter San Fernando nun Parador de Turismo, a alcaldesa pediulle á Xunta de Galicia que achegue os cinco millóns ofrecidos para facer esa instalación hostaleira ao proxecto do Museo da Romanización, aínda que supoña unha rebaixa nos dez millóns comprometidos inicialmente polo goberno galego.

Na mesma liña, a rexedora local dixo que o goberno local dá por “benvida esa achega da Xunta” e anunciou que iniciou xa “conversacións con outras administracións para abrir posibles vías de financiamento que permitan seguir a folla de ruta iniciada hai unha década e materializar o Museo da Romanización no cuartel de San Fernando, tal e como estaba previsto”.

Precisou que “a conversión do cuartel de San Fernando para este fin é un proxecto comprometido pola Xunta de Galicia co Concello de Lugo que vai máis aló deste goberno”.

“Cando tomei posesión do meu cargo en 2015 como presidenta da Corporación”, engadiu Méndez, tamén acatou “a vontade popular que xa neste momento se mostraba, de forma incuestionable, a favor de darlle o consabido uso”. Xunta de Galicia e Concello de Lugo quedaron emprazados para unha nova reunión.

+ posts

ÚLTIMAS

Terra Nova abrirá o San Froilán cun DJ sinfónico e estreará a súa primeira ópera en 2027

A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova afrontará a tempada 2026-2027 cun programa que...

Candia anuncia que duplicará as axudas para proxectos de entidades sociais

O Concello de Lugo incrementará de xeito significativo o seu apoio económico ás entidades...

Hospitalizados no HULA cinco nenos por chupar e tocar pílulas que podería ser éxtase

Cinco menores de sete anos tiveron que ser trasladados ao Hospital Universitario Lucus Augusti...

O PP reclama un plan de choque para “frear a sangría” de autónomos na provincia de Lugo

Os senadores do PP de Lugo defenderán este mércores no Senado unha iniciativa para...