InicioSucesosO cruce dun animal na estrada provoca un accidente en Abadín

O cruce dun animal na estrada provoca un accidente en Abadín

PUBLICADA O

- Advertisement -

Unha muller resultou ferida este mediodía ao saírse da vía o coche que conducía por unha estrada local do municipio de Abadín, por mor da manobra evasiva que tivo que realizar para esquivar a un animal que irrompeu de súpeto na calzada.

O accidente produciuse ao redor das dúas da tarde, concretamente na estrada que comunica os núcleos de Baroncello e Moncelos, no municipio de Abadín.

O 112 mobilizou aos Bombeiros de Vilalba, á Policía Local e á Garda Civil de Tráfico, así como ao servizo de Urxencias Sanitarias-061, dado que a condutora do vehículo sinistrado resultou ferida por mor da saída de vía.

Até o lugar do sinistro desprazouse unha ambulancia asistencial e un equipo sanitario do 061 para prestar os primeiros auxilios á vítima e trasladala a un centro hospitalario.

+ posts

ÚLTIMAS

Palas de Rei acolle a primeira celebración cidadá polo “non” a Altri

A Plataforma Ulloa Viva festexará esta tarde o "primeiro paso" adoptado pola Xunta de...

O PP preguntará no pleno cando executarán PSOE e BNG os arranxos pendentes na escola de piragüismo

Os deputados do Grupo Provincial Popular preguntarán no vindeiro pleno “cando teñen previsto PSOE...

O PP de Vilalba condena o novo ataque ao busto de Manuel Fraga

O PP de Vilalba expresou a súa "máis rotunda e enérxica condena" ante un...

Dous accidentes con feridos obrigan a cortar a A-6 en Baralla

A A-6, ao seu paso polo municipio lucense de Baralla, rexistrou a pasada noite...