InicioMedioambiente e PatrimonioRisco de inundación en tres ríos de Lugo

Risco de inundación en tres ríos de Lugo

Activouse o plan especial por innundación no Ouro, Landro e Covo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Dirección Xeral de Emerxencias activou o Plan especial por risco de inundacións debido ao incremento de caudal de diversos ríos da comunidade galega.

En concreto, segundo informou o 112 Galicia, a última hora do xoves detectouse nos ríos Ouro, Landro, Covo (Lugo), Eume, Mandeo, Mero, Xallas, Ulla (Coruña), Umia e Verdugo (Pontevedra).

Así mesmo, este venres engadíase outra serie de ríos ao seguimento por crecidas, tras rexistrarse un aumento nos niveis no Landra, Parga e Arnoia. Os servizos de Emerxencias advirten de que poderían producirse inundacións puntuais nas súas contornas, e recomendan extremar as precaucións, como retirar os vehículos do bordo dos ríos ou abandonar as actividades en cursos fluviais.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...