InicioSociedade'Prende! Bota raíces no rural', o plan para crear emprego xuvenil nas...

‘Prende! Bota raíces no rural’, o plan para crear emprego xuvenil nas aldeas

Beneficiaranse desta iniciativa sesenta menores de 30 anos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A xunta de goberno da Deputación de Lugo activou este mércores o plan ‘Prende! Bota raíces no rural’, co que busca a creación de emprego xuvenil e fixar poboación na zona rural da provincia, como unha medida para frear o despoboamento e o envellecemento das súas aldeas.

O órgano de goberno da institución provincial aprobou as bases desta iniciativa, de modo que a próxima semana, unha vez que estean publicadas na Base de Datos Nacional de Subvencións e no Boletín Oficial da Provincia, quedará aberto o prazo de inscrición para a fase de formación.

Segundo informou o goberno provincial, as persoas participantes recibirán formación e experiencia laboral en actividades “cun importante peso no sector produtivo da provincia e cun gran potencial de crecemento”, como poden ser as enerxías renovables, turismo, xestión forestal, agricultura ou gandaría.

O período de formación prolongarase durante catro semanas e os participantes percibirán nese tempo unha prestación de 14 euros por día; mentres que na fase de prácticas, que durará oito meses, cobrarán un salario mensual de, como mínimo, 900 euros -para o que as empresas participantes recibirán unha axuda de 4.410 euros-.

Ademais, a todos aqueles participantes que estean interesados en emprender o seu propio negocio, a Deputación axudaraos “a arrincar” cunha axuda de 5.510 euros. En principio, está previsto que un total de 60 mozos se beneficien desta iniciativa.

+ posts

ÚLTIMAS

Deteñen dous homes por roubo de cable na Rolda da Muralla

  Segundo informa a Policía Local nun comunicado, un cidadán alertou ao 092 de que...

O PP de Lugo acusa ao BNG de “desgoberno” nas contas municipais no anterior goberno local

O goberno municipal de Lugo elevou este martes o ton da confrontación política cos...

Detido un home por insultar e golpear a un axente da Policía Local de Lugo

Segundo informa a Policía Local nun comunicado, os axentes atopábanse de patrulla cando foron...

O PSOE de Lugo alerta que o Arde Lucos non ten Plan de Autoprotección

  O concelleiro do Grupo Municipal Socialista Jorge Bustos expresou hoxe a súa profunda preocupación...