InicioSociedadeO Eixo Atlántico advirte do inverno demográfico do interior de Galicia e...

O Eixo Atlántico advirte do inverno demográfico do interior de Galicia e pide que se tomen medidas

O presidente do Eixo Atlántico e alcalde do Barco de Valdeorras, Alfredo García, di que decisións como pechar o paridoiro de Verin van en contra de revitalizar as zonas rurais do país.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente do Eixo Atlántico e alcalde do Barco de Valdeorras (Ourense), Alfredo García, alertou este luns en Lugo da necesidade de implementar “servizos e infraestruturas” nesta rexión, que comprende 34 concellos –17 galegos e 17 portugueses–, ademais da Deputación lucense, para combater o problema demográfico e evitar que vaia a máis “o despoboamento”.

García, tras a reunión no Consistorio de Lugo da comisión executiva da eurorrexión de Galicia e Norte de Portugal, subliñou que a “solución pasa por ter servizos, por ter infraestruturas e a solución pasa por ter postos de traballo para que a xente non teña necesidade de marchar“.

Un exemplo que vai no sentido contrario, puxo de manifesto, é o que ocorre co paridoiro de Verín, do que quere prescindir a Xunta de Galicia, feito que cualificou de “esperpento” ao ampararse o Goberno galego en que “non hai suficientes nacementos”.

Nunca houbo 600 nacementos nin en Valdeorras, nin en Burela, nin en Verín. Sempre as mulleres pariron neses hospitais a plena satisfacción, entón son desculpas de mal pagador. O que hai que facer é manter os servizos porque senón a xente foxe do rural”, afeou á Xunta polo peche.

A caída demográfica foi un dos asuntos que se trataron na executiva, que irá á asemblea xeral que se celebrará en febreiro en Matosihnos (Portugal), “á espera que confirme a súa asistencia o primeiro ministro de Portugal, Antonio Costa”, e onde se producirá tamén a substitución de Alfredo García como presidente da eurorrexión.

AXENDA URBANA

O secretario xeral do Eixo Atlántico, Xoán Vázquez Moa, puntualizou, a continuación, que “este ano se pechou o ciclo da axenda urbana, e a comisión europea homologou a primeira axenda urbana transfronteiriza de Europa”.

Dita “axenda urbana”, explicou, pasa “pola liña transfronteiriza Vigo-O Porto, que na parte portuguesa xa está concluída, cun atraso de seis meses“. “Pero a parte española leva un atraso de varios anos e acábase de aprobar a adxudicación apenas un mes da electrificación ata Tui que está sen electrificar tamén para 2021”, abundou. “Podemos constatar que cara a 2021 podería estar electrificada toda a liña”, engadiu.

No comité executivo do Eixo Atlántico tamén se aprobou o orzamento para o próximo exercicio 2020, que ascende a case vinte millóns de euros.

ÚLTIMAS

A Garda Civil de Lugo identifica a tres autores de estafas a congregacións relixiosas

Unha investigación levada a cabo polo Equipo de Investigación Tecnolóxica da Policía Xudicial da Garda...

Lugo roza este mércores os -10 graos

As temperaturas mínimas rozaron este mércores os 10 graos negativos nas provincias de Lugo...

Un veciño de Zamora participa na ruta de 4×4 de Becerreá con matrículas falsas

A Garda Civil investiga a un veciño de Zamora de 37 anos como suposto autor dun...

Interceptado en Lugo un condutor que cuadriplicaba a taxa de alcol permitida e circulaba en sentido contrario

A Policía Local de Lugo interceptou este pasado fin de semana a un condutor que circulaba en...