InicioMedioambiente e PatrimonioColectivos e Concello piden situar o Museo da Romanización no cuartel de...

Colectivos e Concello piden situar o Museo da Romanización no cuartel de San Fernando

Lara Méndez rexeita a proposta do delegado da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, de trasladar dito museo ao Museo Interactivo da Historia de Lugo e emprazar sobre o cuartel en ruínas un parador de turismo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Distintos colectivos sociais e o Concello de Lugo uníronse para instar a Xunta a que cumpra o seu compromiso e sitúe o Museo da Romanización de Galicia no vello cuartel de San Fernando.

Así o reclamaron este mércores tras un encontro mantido no Consistorio e no que participou a alcaldesa, Lara Méndez, así como representantes de varias asociacións, como mulleres empresarias, a federación de comercio, a de hostaleiros e a federación de veciños.

Tras o encontro, a rexedora considerou que o museo da romanización debe situarse dentro do centro histórico e considerou que “non ten sentido” que estea fóra desta área. Así, rexeitou a proposta do delegado da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, de trasladar o devandito museo ao Museo Interactivo da Historia de Lugo e emprazar sobre o cuartel en ruínas un parador de turismo.

Lara Méndez lembrou os “restos achados” na zona vella, onde se sitúa este cuartel, con “16 catas de restos romanos”. “Se temos os restos romanos baixo os nosos pés, como imos facer elmuseo da romanización a tres quilómetros?”, censurou.

“Non ten ningún sentido”, incidiu a alcaldesa, que considerou que levalo á localización proposta polo delegado da Xunta suporía “romper con aquel consenso que había inicialmente” e que, segundo indicou, se traducía en que “o concello asumía a adquisición do inmoble para que a Xunta investise na rehabilitación”. “Despois xa asumiriamos nós o mantemento e o funcionamento dese museo como parte do patrimonio da cidade”, lembrou.

Lara Méndez subliñou que un museo é un lugar no que “non só se almacenan pezas”, senón que “é interactual”. “Hai unha parte de investigación e, se se pode investigar cos restos ‘in situ’, habería que aproveitar ese potencial“, considerou.

Por iso, considerou que a proposta lanzada por Balseiro busca “confundir”. “Nós o que queremos é o compromiso da Xunta de Galicia para seguir avanzando no museo da romanización”, resolveu.

Lara Méndez tamén informou de que, no encontro cos colectivos sociais, acordouse “traballar de cara a realizar unhas xornadas da romanización” con “expertos de primeira”. “Ímonos pór en contacto con estes referentes para seguir pondo en valor todo o noso pasado romano”, sinalou.

+ posts

ÚLTIMAS

Terra Nova abrirá o San Froilán cun DJ sinfónico e estreará a súa primeira ópera en 2027

A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova afrontará a tempada 2026-2027 cun programa que...

Candia anuncia que duplicará as axudas para proxectos de entidades sociais

O Concello de Lugo incrementará de xeito significativo o seu apoio económico ás entidades...

Hospitalizados no HULA cinco nenos por chupar e tocar pílulas que podería ser éxtase

Cinco menores de sete anos tiveron que ser trasladados ao Hospital Universitario Lucus Augusti...

O PP reclama un plan de choque para “frear a sangría” de autónomos na provincia de Lugo

Os senadores do PP de Lugo defenderán este mércores no Senado unha iniciativa para...