InicioDeportesO C.V. Emevé renova á súa tercera peza

O C.V. Emevé renova á súa tercera peza

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Club Voleibol Emevé Lugo segue engadindo pezas ao seu proxecto en Superliga, máxima categoría do voleibol. O Emevé anunciou a renovación da colocadora lucense Carmen Saá, que cumprirá a súa sexta tempada no primeiro equipo. De feito, debutou en etapa xuvenil.

Xa hai tres xogadoras renovadas: Lucía Prol, Eliana González a e citada Carmen Saá, ademáis do adestrador, José Valle. Tal e como comentara Bibí Bouza, presidenta do club, a idea do equipo lucense é darlle continuidade á plantilla do ascenso a Superliga e apostar por xogadoras lucenses. E así o están a facer.

A colocadora Carmen Saá, de 19 anos e 1.65 metros de altura, foi MVP en dúas xornadas da tempada pasada en Superliga 2: na primeira quenda de playoff e na derradeira xornada da fase final da Superliga 2.

Segundo o clube, a colocadora lucense “fixo unha gran tempada, medrando notablemente na súa distribución de xogo”. O clube considera que seguen “cun proxecto que ilusiona” e que lles fai “soñar“.

 

+ posts

ÚLTIMAS

A CIG traslada a súa manifestación do 1 de maio a Lugo para denunciar a “deriva autoritaria e golpista do PP”

Os sindicatos lanzarán un berro pola paz e contra a guerra este 1 de...

Arroxo amosa preocupación polo futuro dos proxectos de Lugo ante a moción de censura

O tenente de alcalde de Lugo, Rubén Arroxo (BNG), expresou a súa preocupación polo...

En liberdade o mozo detido por suposta agresión sexual en Lugo con orde de afastamento

O mozo detido en Lugo por unha suposta agresión sexual ocorrida a pasada fin...