InicioLugo e contornaLugoCae o muro dun pavillón escolar de Lugo tras rexistrar unha greta

Cae o muro dun pavillón escolar de Lugo tras rexistrar unha greta

PUBLICADA O

- Advertisement -

Parte dun muro do pavillón polideportivo do colexio Rosalía de Castro, na cidade de Lugo, caeu a noite do venres ao sábado tras rexistrarse unha greta, aínda que non xerou danos persoais, informou o Concello.

O concelleiro de Educación, Felipe Rivas, acudiu ao centro educativo para analizar o derrube que se produciu nun momento no que non había ninguén no edificio.

Equipos municipais en colaboración cunha empresa especializada levaron a cabo unha “derriba controlada” doutro tramo de muro debido ás deficientes garantías de estabilidade, segundo Rivas.

O representante do Concello indicou que o derrubamento se rexistrou “despois de detectar a aparición dunha pequena greta e da caída de cascotes”.

Por iso, “os servizos municipais tomaron a decisión de provocar a derriba dun tramo do peche perimetral do pavillón que non ofrecía garantías estruturais”.

O edil de Educación explicou, de acordo coa información facilitada polo persoal técnico municipal, que as intensas choivas dos últimos días poderían contribuír a reblandecer o terreo e a debilitar a deficiente ancoraxe do muro.

ÚLTIMAS

Un cento de tractores toman Lugo contra o acordo UE-Mercosur e alertan da “desaparición” do sector primario

Un centenar de tractores percorreron este luns as rúas de Lugo para secundar a...

Rueda reta ao BNG a non facilitar a presidencia da Deputación de Lugo ao PSOE

O presidente da Xunta e líder do PP galego, Alfonso Rueda, retou ao BNG...

A defensa do asasino de Cristina Cabo solicita ao TSXG rebaixar a condena a homicidio e furto

A defensa do home de orixe colombiana condenado por matar á lucense Cristina Cabo...

Morren dúas persoas nun accidente de tráfico entre un camión e un turismo en Lugo

Dúas persoas faleceron este luns nun accidente de tráfico entre un camión e un...