InicioSociedadeA defensa de Pilar de Lara denuncia "outra irregularidade máis" na comunicación...

A defensa de Pilar de Lara denuncia “outra irregularidade máis” na comunicación do seu cesamento

A pesar de que a xuíza xa asinou o seu cesamento, aínda están pendentes de que se resolva o recurso de reposición do Tribunal Supremo. O avogado, Agustín Azparren, ve "difícil que prospere", pero aférrase a unha nova sentenza europea que deixa unha vía aberta.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O avogado da xuíza Pilar de Lara denunciou “unha irregularidade máis” na comunicación da aplicación da sanción interposta á xuíza por parte do Consello Xeral do Poder Xudicial (CXPX). Asegura que no documento no que se lle require que cese, “non vén ningunha orde de cesamento“.

A xa extitular do Xulgado de Instrución Número 1 de Lugo, Pilar de Lara, asinou onte o seu cesamento, que a aparta da cidade. Con todo, o seu avogado, Agustín Azparren, sinala que “unha vez comprobado o documento, non hai ningunha orde de cesamento”. “Simplemente o que se dí é que se declara a firmeza da sanción” (sete meses e un día sen emprego e soldo, algo que implica perda de destino).

E continúa: “É estraño, porque o auto de medidas cautelares non é firme e di que se iniciará a execución do acordo. Con esa dilixencia foi coa que se nos dixo que tiña que cesar”, subliñou Azparren. O avogado incidiu en que “non hai ningunha orde, o cesamento non saíu publicado no BOE”, malia requirilo así o regulamento da carreira xudicial. Por todo iso, Azparren asegura que están ante “outra irregularidade máis”.

Agora a xuíza permanecerá sete meses e un día sen exercer. Un mes antes de que se cumpra ese período de sanción —é dicir, en xullo— Pilar de Lara “tería que concursar” para novo destino. O máis seguro é que lle sexa adxudicada unha praza en Cataluña e Canarias, “as que quedan desertas” normalmente. “Terá que acometer un desprazamento de polo menos mil quilómetros da súa casa”, lamentou Azparren.

RECURSO DE REPOSICIÓN AÍNDA SEN RESOLVER

A pesar da comunicación do cesamento, Pilar de Lara aínda está pendente do recurso de reposición ante o Tribunal Supremo para que non se execute a sanción en tanto non resolva o alto tribunal.  “Pode darse que o Tribunal Supremo resolva sobre o fondo do recurso (ao castigo imposto polo Consello Xeral do Poder Xudicial). Se o rebaixase a menos de seis meses, [Pilar de Lara] non perdería o destino”, recalcou.

NOVA SENTENZA

Este letrado admite que é “difícil” que o recurso prospere pero, aínda así, avanzou que “hai novidades importantes que se poden ter en conta”. E é que, segundo afirmou,”acaba de saír unha sentenza do Tribunal de Xustiza da Unión Europea da semana pasada, que esixe que para que se cese a un xuíz necesítanse máis garantías, garantías maiores das que prevé o ordenamento administrativo, cousa que neste caso non existe”.  “Este argumento é o principal para o recurso de reposición, que se cadra cambia as circunstancias que é difícil”, concluíu o avogado da maxistrada.

ÚLTIMAS

Incendio nunha empresa de colchóns de Palas de Rei mobiliza un amplo operativo de emerxencias

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio iniciado no exterior do recinto...

A Xunta só dá 10 días para consultar o expediente de Altri a 75 persoas interesadas

A Consellería de Economía e Industria recoñeceu a 75 persoas como interesadas no proxecto...

O PP lucense esixen a Tomé unha repartición “igualitaria” dos convenios da Deputación

Alcaldes e concelleiros do Partido Popular dos 67 concellos lucenses concentráronse este venres ante...

Dous detidos por estafar máis de 30.000 a unha empresa de Lugo

A Garda Civil de Lugo identificou a dous veciños de Cataluña que supostamente estafaron...