InicioLugo e contornaO Concello de Lugo precinta por seguridade unha randeeira inclusiva no parque...

O Concello de Lugo precinta por seguridade unha randeeira inclusiva no parque infantil de Albeiros

PUBLICADA O

- Advertisement -

A área de Medio Ambiente do Concello de Lugo precintou “por seguridade” unha randeeira inclusiva situado no parque infantil de Albeiros, tras sospeitar que podería “non cumprir todos os requisitos de seguridade”.

O edil Álvaro Santos explicou que a alerta “se detectou noutra localidade española”, onde unha nena “sufriu lesións nunha man mentres xogaba” nunha randeeira similar.

Foi entón cando a empresa subministradora avisou aos municipios que contaban cunha instalación deste tipo para advertirlles. De forma “inmediata”, o Concello de Lugo procedeu a clausurala ata que se teña a “absoluta certeza de que cumpre todas as garantías”.

O concelleiro explicou que confían en que a inmovilización “se trate de cuestión de días” e, mentres tanto, desculpouse polas molestias que lle poida causar aos veciños.

Por outra banda, o edil de Medio Ambiente explicou que na mañá deste venres foi necesario intervir en varios puntos da cidade ante a xeración de bolsas de auga debida á cantidade de precipitacións rexistradas nas últimas horas.

ÚLTIMAS

A Xunta apoia a candidatura de Lugo para acoller a Axencia Estatal de Saúde Pública

O goberno galego trasladou o seu apoio á candidatura de Lugo para ser sede...

Ferraz ratifica a Carmela López mentres o BNG garante a maioría na Deputación de Lugo ante as críticas do PP

A dirección federal do Partido Socialista ratificou na tarde deste luns á alcaldesa de...

Un cento de tractores toman Lugo contra o acordo UE-Mercosur e alertan da “desaparición” do sector primario

Un centenar de tractores percorreron este luns as rúas de Lugo para secundar a...

Rueda reta ao BNG a non facilitar a presidencia da Deputación de Lugo ao PSOE

O presidente da Xunta e líder do PP galego, Alfonso Rueda, retou ao BNG...