Home Lugo e contorna Lugo Policías evitan que un home se suicide cunha brida atada ao pescozo en dependencias do Concello de Lugo

Policías evitan que un home se suicide cunha brida atada ao pescozo en dependencias do Concello de Lugo

0
Policías evitan que un home se suicide cunha brida atada ao pescozo en dependencias do Concello de Lugo
Unidade da Policía Nacional | Xefatura Superior

Axentes da Policía Nacional adscritos á Brigada de Seguridade Cidadá evitaron o suicidio dun cidadán, veciño da cidade de Lugo, cunha brida atada ao pescozo en dependencias do Concello da capital luguesa.

Segundo relatou a Policía Nacional, este home de 57 anos presentouse nas dependencias do Concello de Lugo “berrando que se quería suicidar, cunha brida atada ao pescozo”.

Ao recibir o aviso do 112, ao que alertara unha das funcionarias das dependencias municipais, “de forma inmediata se persoa no lugar un indicativo de Radiopatrullas da Comisaría Provincial da Policía Nacional”, destacou a Policía.

Os axentes desprazados constataron que o home, que tiña a brida no pescozo, presentaba a “cara amoratada” e non podía falar e “con moitas dificultades respiraba”, apuntaron as mesmas fontes policiais.

“Ante a prema da situación e como queira que non é posible a espera dos servizos sanitarios, os funcionarios actuantes, proceden a cortar a brida, cunha navalla, todo iso coas dificultades que leva a operación xa que a referida soga non deixaba espazo para poder realizar a operación”, sinalou a Policía Nacional.

Unha vez se personan servizos sanitarios, o home foi trasladado ao Hospital Universitario Lucus Augusti de Lugo para unha valoración psiquiátrica.

+ posts