InicioSucesosUnha muller evita o suicidio dunha amiga ao entretela ao teléfono ata...

Unha muller evita o suicidio dunha amiga ao entretela ao teléfono ata a chegada da Policía

A muller desprazouse a unha ponte sobre o Miño coa intención de arroxarse ao baleiro.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Unha muller evitou o suicidio dunha amiga o pasado fin de semana en Lugo ao entretela ao teléfono ata a chegada de axentes da Policía Local de Lugo, que a auxiliaron.

Segundo relatou a Policía Local de Lugo, a madrugada do sábado 16 ao domingo 17 de novembro recibiuse unha chamada na Central Operativa deste corpo na que unha persoa alertaba de que unha amiga lle dixo que se desprazaba a unha ponte sobre o Miño coa intención de arroxarse ao baleiro.

Por iso, dúas patrullas do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo trasladáronse a esa zona e, despois de inspeccionar a ponte e as vías de acceso, localizaron a unha muller fóra dun coche falando por teléfono “sen roupa de abrigo”, sinalaron as mesmas fontes.

Ao ver aos axentes introduciuse no vehículo e iniciou a marcha, tras o que foi parada “inmediatamente” polos policías, apunta a Policía Local. “Son eu a persoa á que estades a buscar”, dixo aos axentes a muller que se atopaba “moi nerviosa e baixo tratamento psiquiátrico”, engadiron as mesmas fontes.

Os policías procederon a tranquilizar e auxiliar á muller, para a que requiriron unha ambulancia que, posteriormente, trasladouna ao Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) de Lugo.

A Policía Local destacou que a persoa coa que falaba por teléfono “é a amiga que alertou desta situación” á Sala do 092 e, subliñan as mesmas fontes, “tal conduta meritoria de entretela por teléfono ata a chegada dos axentes seguramente salvou a vida desta muller”.

+ posts

ÚLTIMAS

Tres concellos recibirán 800.000 euros en investimentos desde a Deputación para mobilidade

  A Deputación de Lugo aprobou este venres na Xunta de Goberno un novo investimento...

Pena Nogueira recibe a V Edición de Ciencia na Aldea con investigadores de España e Portugal

O Pazo de San Marcos acolleu esta tarde a presentación da quinta edición de...

O PP de Lugo apoia a iniciativa de recoñecer a Fernando Ónega como Fillo Adoptivo da cidade

O Grupo Municipal do Partido Popular de Lugo apoia a iniciativa impulsada por un...

A Deputación de Lugo aposta polos monólogos e o humor reflexivo no seu programa de loita contra o machismo

O humor e a reflexión feminista serán eixo dunha programación que estrea a Deputación...