InicioPolíticaO PP saca peito sobre os resultados electorais en Lugo: "Demostran que...

O PP saca peito sobre os resultados electorais en Lugo: “Demostran que Feijóo é o único líder solvente”

Di que os populares gañaron as eleccións no 75% dos municipios lucenses, concretamente en 51 de 67.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, asegurou que as eleccións xerais de onte serviron para pór en evidencia que “o único líder con solidez, peso específico e solvencia que hai en Galicia” é o actual presidente do goberno galego e do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo.

Coa mirada posta nas autonómicas do próximo ano, Balseiro opina que o Partido Popular está en plena “remontada” e lembrou que na provincia de Lugo a diferenza dos populares co segundo partido máis votado, que foi o PSdeG, era de pouco máis de seiscentos votos, cando nos comicios de onte sacoulle case 11.000.

Lembrou, que na cidade de Lugo practicamente houbo “un empate técnico”, dado que o Partido Socialista gañou por só 21 votos, grazas ao notable incremento que experimentou o PP nesta última convocatoria. Ademais, precisou que os populares gañaron as eleccións no “75% dos municipios lucenses”, concretamente en 51 de 67, e por tanto foron a forza máis votada en oito concellos máis que nas eleccións de abril. “Todo indica que estamos a remontar, porque as cousas están a facerse ben, grazas a un traballo continuo e diario baixo a dirección dun líder que é o único con solvencia, peso específico e credibilidade”, dixo.

+ posts

ÚLTIMAS

Terra Nova abrirá o San Froilán cun DJ sinfónico e estreará a súa primeira ópera en 2027

A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova afrontará a tempada 2026-2027 cun programa que...

Candia anuncia que duplicará as axudas para proxectos de entidades sociais

O Concello de Lugo incrementará de xeito significativo o seu apoio económico ás entidades...

Hospitalizados no HULA cinco nenos por chupar e tocar pílulas que podería ser éxtase

Cinco menores de sete anos tiveron que ser trasladados ao Hospital Universitario Lucus Augusti...

O PP reclama un plan de choque para “frear a sangría” de autónomos na provincia de Lugo

Os senadores do PP de Lugo defenderán este mércores no Senado unha iniciativa para...