InicioSociedadeAlerta laranxa por temporal no litoral de Lugo e neve por riba...

Alerta laranxa por temporal no litoral de Lugo e neve por riba dos 1.300 metros

No norte haberá mar combinado con ondas de 4 a 5 metros, mentres que o resto da costa galega estará en nivel amarelo

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Xunta activou a alerta laranxa por temporal costeiro a partir deste domingo, día de eleccións xerais, nas provincias da Coruña e Lugo.

Segundo información da Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) recollida polo Goberno galego, este fenómeno adverso afectará ao litoral norte de Galicia xa desde a mañá da xornada e deixará mar combinado con ondas de 5 a 6 metros.

Ademais, o resto da costa da Comunidade estará en nivel amarelo con mar combinado con ondas de 4 a 5 metros. Así mesmo, no noroeste da Coruña esperanse ventos do oeste de forza sete.

Por este motivo, e co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do 112 Galicia, xa informou da situación aos concellos das provincias afectadas, ás deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil e aos clubs náuticos, entre outras entidades, para que adopten as medidas oportunas.

Por todo iso, a Xunta recomenda permanecer lonxe da liña de costa e das praias e paseos marítimos co fin de previr un golpe de mar. Ademais, aconsella vixiar caídas de obxectos de balcóns e xanelas, así como evitar aproximarse a diques, espigóns, peiraos e outras zonas que poidan ser varridas polo mar.

COTA DE NEVE ENTRE 1.300 E 1.400

Esta situación, segundo información de Meteogalicia, estará provocada por unha nova fronte que chega á Comunidade. A cota de neve abrirá o día ao redor dos 1.300 metros e subirá aos 1.400 co paso das horas.

En canto ás temperaturas, as mínimas non experimentarán cambios significativos, aínda que as máximas sufrirán un descenso moderado. Por cidades, os termómetros oscilarán entre os 7 graos de mínima en Lugo e os 15 de máxima na Coruña.

ÚLTIMAS

Extinguido o incendio forestal e de Pantón que calcinou 31 hectáreas

A Consellería do Medio Rural informou de que está estabilizado un incendio forestal rexistrado...

O Family Cash pechado ao detectarse unha praga de ratos continuará pechado por orde xudicial

A maxistrada do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Lugo rexeitou este venres a solicitude...

Reabre o supermercado pechado temporalmente por presenza de ratos

O supermercado Family Cash situado no centro comercial de Abella, en Lugo, clausurado temporalmente...

Seguen hospitalizados 3 dos 6 intoxicados con deterxente nunha pulpería de Lugo durante o San Froilán

Tres das seis persoas que tiveron que ser ingresadas a pasada fin de semana...