InicioMedioambiente e PatrimonioLugo, capital dos gatos de Galicia

Lugo, capital dos gatos de Galicia

Celebra esta fin de semana o I Seminario de Xestión de Colonias Felinas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Lugo será a capital gatuna de Galicia esta fin de semana coa inauguración, este sábado, do I Seminario de Xestión de Colonias Felinas. Este seminario ten como obxetivo servir como primeira actividade de formación de persoas xestoras de colonias felinas urbanas controladas.

Segundo apunta o Concello de Lugo, o I Seminario de Xestión de Colonias Felinas, vai dirixido a calquera persoa interesada polo tema e os e as asistintes poderán expor as súas dúbidas e inquedanzas.

No seminario presentarase a asociación ‘Michos de Lugo’ e o seminario sobre colonias felinas e falarase das áreas de protocolarización das colonias de gatos ferais a través de exemplos prácticos da man de ‘Micos do Barrio’. Tamén participará Sabela Fonseca, veterinaria e membra de AGAE, Asociación Galega de Adopción de Exóticos, que falará dos protocolos veterinarios, saúde e xigiene no control de colonias felinas. O encontro terá lugar o sábado 9 de novembro a partir das 16.30h no centro de convivencia Fingoi.

+ posts

ÚLTIMAS

A moción de Lugo incendia o Parlamento entre acusacións de “compra de vontades”, transfuguismo e “hipocrisía”

A moción de censura de Lugo volveu este martes ao centro do debate político...

Morre un mozo despois de caerlle encima unha tubaxe de 500 quilos

Un mozo faleceu este mércores no municipio lucense de Vilalba tras caerlle encima un...

Pontón aplaude o traballo do BNG no Concello de Lugo e advirte: “Lugo non perdoará aos traidores”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, defendeu o labor do tenente de alcalde...